lunes, 8 de junio de 2020

ABAU 2020 - Autorientación


    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) xa ten actualizado na súa WEB o comunicado que publicou a finais de 2019 coas novidades que tiña previstas para a ABAU deste ano 2020. Esta actualización afectará fundamentalmente ás datas e horarios da ABAU, e aos prazos establecidos no procedemento de matrícula nas universidades.

    Os cambios afectaban a tres aspectos como veremos: 
- Ás datas e aos horarios da realización das probas (revisados e actualizados      polo COVID) 
- Ao procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás       notas, que se unificará e pasará a chamarse de "Revisión". 
- Ao calendario de matrícula (prazos e procedemento) nas universidades galegas unha vez admitidos nun grao universitario.

  É importante ter claro os diferentes pasos e procesos que deberemos realizar para matricularnos nun grao universitario:

1.- CALENDARIO PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

    En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza e admisión nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.

2.- CALENDARIO ADMISIÓN EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EN GALICIA 
    Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xullo ou setembro, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  No caso de estar interesados en estudar fóra de Galicia, no seguinte enlace da CiUG tedes acceso aos servizos de información e preinscripción das universidades españolas.
    
3.- CALENDARIO DE MATRÍCULA EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EN GALICIA 
    En último lugar, se un estudante resulta admitido/a na titulación solicitada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse na universidade correspondente dentro dos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado, que - ¡ollo! - este ano ten cambios importantes na súa mecánica.


CAMBIOS IMPORTANTES ABAU 2020 (ACTUALIZADO POLO COVID) 

DATAS ABAU 2020 XULLO E SETEMBRO 
ACTUALIZADAS POR COVID 19 EN GALICIA


HORARIO DE REALIZACIÓN DOS EXAMES DA ABAU - ACTUALIZADO POLO COVID

PRESENTACIÓN SOBRE CUALIFICACIÓNS DA ABAU
OBTENCIÓN NOTA DE ACCESO / NOTA DE ADMISIÓN

RESUMO SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ABAU

 Na páxina oficial da CiUG podedes completar a información sobre como se conforma a proba: ESTRUTURA ABAU 

TÁBOA DE PONDERACIÓNS


NOTAS DE CORTE - ÚLTIMO ALUMNO SELECCIONADO 2019/20


VÍDEO EXPLICATIVO DA CIUG CON INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN 
DAS PROBAS DE ABAU (Nota: As datas da ABAU que aparecen son as antigas)


INSTRUCIÓNS, MATERIAL E NORMAS PARA NA REALIZACIÓN 
DA ABAU PARA O ALUMNADO


MODELOS DE EXAMES DA ABAU 2020 ACTUALIZADOS COVID 19




PREINSCRICIÓN (SOLICITUDE DE PRAZA) E MATRÍCULA
     No vídeo da Xornada de orientación virtual da Universidade de Vigo celebrada o 13 de maio pasado, entre o minuto 21 e o 42 aproximadamente, Magadalena Álvarez da Universidade de Vigo  explica de maneira práctica como se desenvolven os procedementos de admisión e preinscrición (solicitude de praza) e de matrícula nas universidades galegas:

VÍDEO DA XORNADA ORIENTACIÓN VIRTUAL UVIGO CELEBRADA 13/5/2020


    Na páxina WEB da CIUG tedes un interesante e práctico apartado onde están recollidas as respostas ás preguntas máis frecuentes e dúbidas que se presentan sobre a realización e a corrección da ABAU.  Tamén encontraredes resposta a preguntas sobre o proceso de admisión no sistema universitario galego (preinscrición e solicitude de praza) unha vez superada a ABAU, e sobre o proceso de matrícula na universidade se sodes admitidos na titulación elixida.  A continuación tedes os enlaces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario