domingo, 24 de mayo de 2020

NOVAS DATAS PROBAS ACCESO GRAO MEDIO E SUPERIOR - CONVOCATORIA 2020

PUBLICACIÓN DAS NOVAS DATAS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020
   
     A Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo, establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.


DATAS E HORARIO DAS PROBAS

    As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido: 
-Ás 9.00 horas: presentación. 
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
-Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica. 

   As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido: 
-Ás 9.00 horas: presentación. 
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá). 
-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria). 

LUGARES, SEDES E INTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN  DAS PROBAS

GRAO MEDIO:  Acceso aos lugares e sedes de realización das probas
GRAO SUPERIOR:  Acceso aos lugares e sedes de realización das probas


Nestes enlaces podes seguir toda a información das probas de acceso 2020:

No hay comentarios:

Publicar un comentario