Mostrando entradas con la etiqueta LOMCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LOMCE. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2015

ANTEPROXECTO DE DECRETO CURRÍCULO DE ESO E BACHARELATO NA LOMCE EN GALICIA

    Na WEB da Consellería de Educación xa se pode consultar e descargar o borrador de Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

    A continuación deixo copia da páxina cos enlaces.

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
Ven, 27/03/2015 - 08:50
Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado proxecto. Para iso, deben utilizar o documento “modelo_alegacións_decreto.doc”, que se achega, cubrilo, segundo as instrucións que figuran nel, e envialo ao enderezo de correo electrónico: curriculos@edu.xunta.es
  • O prazo para realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións remata o 21 de abril de 2015.
application/msword icon



     No seguinte enlace coa WEB da Consellería de Educación tedes unha guía sobre a LOMCE con toda a lexislación actualizada.

martes, 25 de febrero de 2014

A LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa)



     A controvertida Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (B.O.E. do 10 de decembro de 2013), e abreviada coas siglas de LOMCE,  é unha lei que ven substituir e modificar a Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOE), e seis artículos e unha disposición adicional da Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, reguladora del Derecho a la Educación (LODE).

    Esta lei comezará a aplicarse a partir do curso 2014/15 nos curso de 1º,3º e 5º de Educación Primaria e na Formación Profesional Básica, que substituirá aos actuais Programas de Iniciación Profesional Inicial.

INFORMACIÓN:

    No programa ORIENTALINE - tedes o enlace de acceso na columna esquerda do blog - podedes encontar información sobre as características, as modificacións e o calendario de aplicación da nova Lei de Educación.

https://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf

OUTROS DOCUMENTOS DE CONSULTA

* DOCUMENTO DA LOMCE NO B.O.E.

* REFORMA DEL SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL: NOVEDADES Y CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN


* ESQUEMA DA ESTRUCTURA DO NOVO SISTEMA EDUCATIVO - LOMCE




* CALENDARIO DE APLICACIÓN DA LOMCE