viernes, 7 de febrero de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

    Na WEB da Consellería de Educación está o enlace da Orde do 20 de xaneiro de 2020 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior para o curso 2020/21, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 7 de febreiro de 2020.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2020


______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 23 de abril de 2020 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


  As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
   ______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 28 de maio de 2020 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).

    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba
________________________________________________________


____________________________________________________________