viernes, 22 de mayo de 2020

VÍDEO DA XORNADA ORIENTACIÓN VIRTUAL UVIGO CELEBRADA 13/5/2020

 

    Susana Rodríguez Barcia, directora del Área de Captación de Alumnado da Universidade de Vigo, enviounos aos orientadores e orientadoras dos centros o enlace que recolle o vídeo da xornada de orientación virtual completa celebrada o pasado 13 de maio para que o compartamos co noso alumnado. Todos os que non participastes no seu momento podedes agora visionalo porque nos diferentes apartados que se trataron respóndese a moitas das dúbidas das que estamos falando sobre as novidades da ABAU 2020, e sobre o procedemento de preinscrición e de matrícula nas universidades galegas.

  A continuación poño de novo o programa da xornada que publiquei nunha entrada anterior do blog para recordarvos os temas que se trataron.
PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug 
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado 
19.30 h
Fin da xornada



No hay comentarios:

Publicar un comentario