miércoles, 13 de mayo de 2020

XORNADAS E SESIÓNS DE ORIENTACIÓN VIRTUAL UNIVERSIDADE DE VIGO - #ConectaCoSIE -

   

#ConectaCoSIE


   
       Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula.
  
     As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.
      Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.


XORNADAS ORIENTACIÓN DO 13/14 MAIO

>>>>> O mércores 13 de maio, en horario de tarde de 17:00 h a 19:30 h, terá lugar na plataforma do Campus Remoto da UVigo a nosa Xornada  de Orientación Universitaria Virtual. Pode asistir o alumnado e as familias. Para acceder só é preciso premer na ligazón e introducir no perfil de estudantado nome e a clave de acceso que vos proporcionamos nos correos informativos e no cartel disposto na web da Universidade de Vigo.
Aquí vai a información para que a teñades a man:

Clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb

PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug 
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado 
19.30 h
Fin da xornada
Ao final de cada intervención haberá 10 minutos para facer preguntas e resolver dúbidas.

>>>>> O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.
O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.    O vindeiro 14 de maio #ConectaCoaUVigo!

PROGRAMA XOVES 14 MAIO

Horario
Centros
Sala directo
Clave acceso estudantado
Streaming 
directo
11.00-12.00 h
Artes e Humanidades
1
R2h5JAdg    
12.00-13.00 h
Xurídico-Social
2
CLzJ5Qt9    
16.00-17.00 h
Ciencias e Ciencias da Saúde
1
R2h5JAdg    
17.00-18.00 h
Enxeñaría e Arquitectura
2
CLzJ5Qt9    

No hay comentarios:

Publicar un comentario