jueves, 25 de junio de 2020

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2020-21


    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa está publicado o calendario de admisión en FP e, tamén, as instrucións xerais para a admisión a ciclos medios e superiores de formación profesional na convocatoria 2020 para o curso 2020/21 en Galicia nos réximes ordinario, adultos e dual.

      A aplicación online para a realización da solicitude estará operativa soamente durante o período de inscripción do 25 de xuño ata o 8 de xullo ás 13 horas

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.

PROCESO DE ADMISIÓN FP 2020/21

    O prazo de admisión de solicitudes será: 


* Do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 1 ao 9 de setembro de 2020 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2020/21



        Convocatoria 2020-21 - Grao Superior

VÍDEO DE AXUDA PARA REALIZAR A SOLICITUDE WEB


 Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario

.- Oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de  adultos e a distancia para o próximo curso 2020/21.


 Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:
  Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
  Réxime das persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
  Oferta de prazas para formación profesional dual:


.- Normativa de admisión - Regulación




DOCUMENTOS PARA A AUTORIENTACIÓN - FP

DOCUMENTO INFORMATIVO RESUMO - FP

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO EN VIGO


A continuación tedes o enlace a WEB da Consellería para afondar no coñecemento, características e niveis da Formación Profesional:


E xa de forma detallada tedes o enlace cos folletos informativos de todas as familias profesionais de Formación Profesional con seus correspondentes ciclos formativos e especialidades nos diferentes niveis e modalidades: FP Básica, Ciclos Medios e Ciclos Superiores:

1 comentario: