O prazo de solicitude é do 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.
No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio.
Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa está publicado o calendario de admisión en FP e, tamén, as instrucións xerais para a admisión a ciclos medios e superiores de formación profesional na convocatoria 2020 para o curso 2020/21 en Galicia nos réximes ordinario, adultos e dual. A aplicación online para a realización da solicitude estará operativa soamente durante o período de inscripción do 25 de xuño ata o 8 de xullo ás 13 horas
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.
PROCESO DE ADMISIÓN FP 2020/21
O prazo de admisión de solicitudes será: * Do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño. * Do 1 ao 9 de setembro de 2020 ata as 13 horas en período extraordinario. No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
E xa de forma detallada tedes o enlace cos folletos informativos de todas as familias profesionais de Formación Profesional con seus correspondentes ciclos formativos e especialidades nos diferentes niveis e modalidades: FP Básica, Ciclos Medios e Ciclos Superiores:
A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) xa ten actualizado na súa WEB o comunicado que publicou a finais de 2019 coas novidades que tiña previstas para a ABAU deste ano 2020. Esta actualización afectará fundamentalmente ás datas e horarios da ABAU, e aos prazos establecidos no procedemento de matrícula nas universidades.
Os cambios afectaban a tres aspectos como veremos:
- Ás datas e aos horarios da realización das probas (revisados e actualizados polo COVID)
- Ao procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás notas, que se unificará e pasará a chamarse de "Revisión".
- Ao calendario de matrícula (prazos e procedemento) nas universidades galegas unha vez admitidos nun grao universitario.
É importante ter claro os diferentes pasos e procesos que deberemos realizar para matricularnos nun grao universitario:
1.- CALENDARIO PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza e admisión nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
2.- CALENDARIO ADMISIÓN EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EN GALICIA Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xullo ou setembro, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazasno sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario. No caso de estar interesados en estudar fóra de Galicia, no seguinte enlace da CiUG tedes acceso aos servizos de información e preinscripción das universidades españolas.
3.- CALENDARIO DE MATRÍCULA EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EN GALICIA En último lugar, se un estudante resulta admitido/a na titulación solicitada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse na universidade correspondente dentro dos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado, que - ¡ollo! - este ano ten cambios importantes na súa mecánica.
No vídeo da Xornada de orientación virtual da Universidade de Vigo celebrada o 13 de maio pasado, entre o minuto 21 e o 42 aproximadamente, Magadalena Álvarez da Universidade de Vigo explica de maneira práctica como se desenvolven os procedementos de admisión epreinscrición (solicitude de praza) e de matrícula nas universidades galegas:
Na páxina WEB da CIUG tedes un interesante e práctico apartado onde están recollidas as respostas ás preguntas máis frecuentes e dúbidas que se presentan sobre a realización e a corrección da ABAU. Tamén encontraredes resposta a preguntas sobre o proceso de admisión no sistema universitario galego (preinscrición e solicitude de praza) unha vez superada a ABAU, e sobre o proceso de matrícula na universidade se sodes admitidos na titulación elixida. A continuación tedes os enlaces.
A Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo, establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas
inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a
copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica
deseguido: -Ás 9.00 horas: presentación. -Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. -Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas
inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a
copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica
deseguido: -Ás 9.00 horas: presentación. -Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá). -Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada
ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria).
LUGARES, SEDES E INTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS
GRAO MEDIO: Acceso aos lugares e sedes de realización das probas
Susana Rodríguez Barcia, directora del Área de Captación de Alumnado da Universidade de Vigo, enviounos aos orientadores e orientadoras dos centros o enlace que recolle o vídeo da xornada de orientación virtual completa celebrada o pasado 13 de maio para que o compartamos co noso alumnado. Todos os que non participastes no seu momento podedes agora visionalo porque nos diferentes apartados que se trataron respóndese a moitas das dúbidas das que estamos falando sobre as novidades da ABAU 2020, e sobre o procedemento de preinscrición e de matrícula nas universidades galegas.
A continuación poño de novo o programa da xornada que publiquei nunha entrada anterior do blog para recordarvos os temas que se trataron.
PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e
Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado
Na entrada anterior do blog está recollida, entre outras cousas, a Convocatoria ordinaria e calendario para ABAU 2020 publicada pola CiUG, onde se reflicten as datas de matrícula para a proba, as datas de realización dos exames e as de revisión de notas. A continuación encontraredes un documento publicado tamén na web da CiUG co procedemento de matrícula na ABAU e acceso aos documentos editables online necesarios para realizala.
A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria ordinaria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xullo 2020). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:
VÍDEO EXPLICATIVO DA CIUG CON INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ABAU
REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
Este é un dos cambios que estaban previstos, como novidade, na ABAU 2020. O procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás notas de anos anteriores queda unificado nun único proceso que pasa a chamarse de "Revisión"