jueves, 5 de diciembre de 2019

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA - UNITOUR 2019


    O martes 17 de decembro de 2019, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 14ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e como en anos anteriores asistiremos ao Salón UNITOUR cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR:

    A visita será pola mañá e durará aproximadamente hora e media. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de graos como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    No enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2019 tedes información máis concreta da xornada e o listado de universidades que participan neste salón universitario. Este ano, como en edicións anteriores, tamén está confirmada a presencia das tres universidades públicas galegas: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago e Universidade da Coruña. Tamén estarán presentes outras universidades públicas do resto de España como a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidat Pompeu Fabra de Barcelona.

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)
                   ·            Centro Superior de Hostelería de Galicia
                    ·            Centro Universitario de Artes TAI
                    ·            CESUGA - Centros de Estudios Superiores Universitarios de Galicia
                    ·            CUNEF
                    ·            ESADE - Business & Law School
                    ·            Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña
                    ·            ESIC Business & Marketing School
                    ·            IE University
                    ·            IEB
                    ·            IED Istituto Europeo di Design
                    ·            IESIDE - Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa
                    ·            ISDE GRADO S.L.
                    ·            Les Roches Global Hospitallity Education
                    ·            L´IDEM Barcelona Francia
                    ·            Saint Louis University Spain S.A.
                    ·            U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
                    ·            UIC Barcelona
                    ·            Universidad Complutense de Madrid
                    ·            Universidad de Deusto
                    ·            Universidad de Navarra
                    ·            Universidad Europea de Madrid
                    ·            Universidad Europea del Atlántico
                    ·            Universidad Europea Miguel de Cervantes
                    ·            Universidad Nebrija
                    ·            Universidad Pontificia Comillas ICAI-ICADE
                    ·            Universidad Pontificia de Salamanca
                    ·            Universidade da Coruña
                    ·            Universidade de Santiago de Compostela
                    ·            Universidade de Vigo
                    ·            Universitat Pompeu Fabra Barcelona
    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as de 2º de Bacharelato e a vicedirección. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: Sería conveniente que vos informedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España CIUG

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia

.- Guía de estudios superiores ¿Qué quiero estudiar? 2019/20 - La Voz de Galicia

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Guía de universidades 2019/20: ¿Y ahora qué?

.- Guía 2019 - Avanza en tu carrera - Guía de estudios superiores y de postgrado

lunes, 2 de diciembre de 2019

ABAU 2020 - DATAS DAS PROBAS E CAMBIOS IMPORTANTES

    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) acaba de publicar na súa WEB, que presenta un formato renovado, as datas para a realización da ABAU no ano 2020 con algunhas novidades respecto a convocatorias anteriores.  Tamén comunica outros cambios importantes a partir deste curso na realización da proba e no procedemento de matrícula nas universidades galegas.  

    Resumindo, os cambios afectarán a tres aspectos como veremos: 
- Ás datas e aos horarios da realización das probas. 
- Ao procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás notas, que se unificará e pasará a chamarse de "Revisión". 

No seguinte enlace podes descargar este CALENDARIO - DATAS ABAU 2020


No seguinte enlace podes descargar o documento completo: Cambios da ABAU 2020

   

    Na WEB xa están publicadas as notas de corte finais do alumnado que accedeu aos diferentes graos das universidades galegas no curso actual 2019/20, e  tamén os parámetros de ponderación para a fase voluntaria da ABAU.



    Como recordatorio a continuación tedes algúns enlaces da CiUG para consultar e descargar:


lunes, 21 de octubre de 2019

PROGRAMA ORIENTA 2019/20


    Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA actualizado para o curso 2019/20 con información útil e posta ao día para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Podedes acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - para realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional tanto para alumnado de ESO como de bacharelato que vos pode axudar na elección dun bacharelato ou un ciclo de grao medio de FP se estás na cursando a ESO, ou de estudos superiores (graos universitarios, ciclos superiores de FP, etc.) se cursas bacharelato.  

    Tamén podedes consultar a oferta para este curso 2019/20 de ciclos formativos medios e superiores de formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas as universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..
    
  Na columna esquerda de enlaces deste blog tes o enlace permanente do orienta online: 
  
                                                                     
A continuación podedes consultar de forma detallada todo o que oferta "El orienta online" y/o "El orienta": "Funcións e contidos de "El Orienta" e o "Orientaline"

martes, 27 de agosto de 2019

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2019/20


    O Ministerio de Educación e Ciencia publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2019/20.


Enlace externo, se abre en ventana nueva

     O prazo de solicitude é do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019.

   No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio. 

lunes, 24 de junio de 2019

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2019-20

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa está publicado o calendario de admisión en FP e, tamén, a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2019/20.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2019/20

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 24 de xuño ao 2 de xullo de 2019 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 2 ao 10 de setembro de 2019 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2019/20
        

.- Información xeral de admisión FP 2019/20 (WEB Consellería de Educación)

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio

        - Convocatoria 2019-20 - Grao Medio

.- Admisión en Ciclos de Grao Superior
        - Convocatoria 2019-20 - Grao Superior

.- Normativa de admisión - Regulación



OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2019/20

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2019/20 


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2019/20 

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.