domingo, 24 de mayo de 2020

NOVAS DATAS PROBAS ACCESO GRAO MEDIO E SUPERIOR - CONVOCATORIA 2020

PUBLICACIÓN DAS NOVAS DATAS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020
   
     A Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo, establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.


DATAS E HORARIO DAS PROBAS

    As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido: 
-Ás 9.00 horas: presentación. 
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
-Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica. 

   As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido: 
-Ás 9.00 horas: presentación. 
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá). 
-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria). 

LUGARES, SEDES E INTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN  DAS PROBAS

GRAO MEDIO:  Acceso aos lugares e sedes de realización das probas
GRAO SUPERIOR:  Acceso aos lugares e sedes de realización das probas


Nestes enlaces podes seguir toda a información das probas de acceso 2020:

viernes, 22 de mayo de 2020

VÍDEO DA XORNADA ORIENTACIÓN VIRTUAL UVIGO CELEBRADA 13/5/2020

 

    Susana Rodríguez Barcia, directora del Área de Captación de Alumnado da Universidade de Vigo, enviounos aos orientadores e orientadoras dos centros o enlace que recolle o vídeo da xornada de orientación virtual completa celebrada o pasado 13 de maio para que o compartamos co noso alumnado. Todos os que non participastes no seu momento podedes agora visionalo porque nos diferentes apartados que se trataron respóndese a moitas das dúbidas das que estamos falando sobre as novidades da ABAU 2020, e sobre o procedemento de preinscrición e de matrícula nas universidades galegas.

  A continuación poño de novo o programa da xornada que publiquei nunha entrada anterior do blog para recordarvos os temas que se trataron.
PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug 
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado 
19.30 h
Fin da xornada



miércoles, 20 de mayo de 2020

PROCEDEMENTO MATRÍCULA NA ABAU E IMPRESOS

    Na entrada anterior do blog está recollida, entre outras cousas, a Convocatoria ordinaria e calendario para ABAU 2020 publicada pola CiUG, onde se reflicten as datas de matrícula para a proba, as datas de realización dos exames e as de revisión de notas. A continuación encontraredes un documento publicado tamén na web da CiUG co procedemento de matrícula na ABAU e acceso aos documentos editables online necesarios para realizala.



Impresos ABAU 2020
Documentos editables
Impreso Taxas (Bacharelato e FP)
Impreso matrícula ABAU (Bacharelato)
Impreso matrícula ABAU (FP)
Impreso Certificado (FP)

Última actualización desta páxina: 19/05/2020.

lunes, 18 de mayo de 2020

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA DE MATRÍCULA XULLO 2020 / CALENDARIO ABAU

   A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria ordinaria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xullo 2020). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:





VÍDEO EXPLICATIVO DA CIUG CON INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN 
DAS PROBAS DE ABAU



REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
Este é un dos cambios que estaban previstos, como novidade, na ABAU 2020. O procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás notas de anos anteriores queda unificado nun único proceso que pasa a chamarse de "Revisión"



miércoles, 13 de mayo de 2020

XORNADAS E SESIÓNS DE ORIENTACIÓN VIRTUAL UNIVERSIDADE DE VIGO - #ConectaCoSIE -

   

#ConectaCoSIE


   
       Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula.
  
     As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.
      Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.


XORNADAS ORIENTACIÓN DO 13/14 MAIO

>>>>> O mércores 13 de maio, en horario de tarde de 17:00 h a 19:30 h, terá lugar na plataforma do Campus Remoto da UVigo a nosa Xornada  de Orientación Universitaria Virtual. Pode asistir o alumnado e as familias. Para acceder só é preciso premer na ligazón e introducir no perfil de estudantado nome e a clave de acceso que vos proporcionamos nos correos informativos e no cartel disposto na web da Universidade de Vigo.
Aquí vai a información para que a teñades a man:

Clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb

PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug 
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado 
19.30 h
Fin da xornada
Ao final de cada intervención haberá 10 minutos para facer preguntas e resolver dúbidas.

>>>>> O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.
O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.    O vindeiro 14 de maio #ConectaCoaUVigo!

PROGRAMA XOVES 14 MAIO

Horario
Centros
Sala directo
Clave acceso estudantado
Streaming 
directo
11.00-12.00 h
Artes e Humanidades
1
R2h5JAdg    
12.00-13.00 h
Xurídico-Social
2
CLzJ5Qt9    
16.00-17.00 h
Ciencias e Ciencias da Saúde
1
R2h5JAdg    
17.00-18.00 h
Enxeñaría e Arquitectura
2
CLzJ5Qt9    

martes, 28 de abril de 2020

NOVOS MODELOS DE EXAMES NA ABAU 2020 PUBLICADOS NA CiUG - COVID 19

    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou hoxe na súa WEB os novos modelos de exames para a ABAU 2020. A

    A continuación están os enlaces ao modelo de exame de cada materia extraídos da súa páxina WEB: AQUÍ



CódigoMateria
01Lingua Castelá e Literaturapdf
02Lingua Galega e Literaturapdf
03Historia de Españapdf
11Ingléspdf
12Francéspdf
13Alemánpdf
14Portuguéspdf
15Italianopdf
20Matemáticas IIpdf
21Bioloxíapdf
22Debuxo Técnico IIpdf
23 Físicapdf
24Químicapdf
25 Xeoloxíapdf
30Latín IIpdf
31Economía da Empresapdf
32Grego IIpdf
33Historia da Artepdf
34Historia da Filosofíapdf
35Xeografíapdf
40Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociaispdf
50Fundamentos da Arte IIpdf
51Artes Escénicaspdf
52Cultura Audiovisualpdf
53Deseñopdf
61Alemán (2ª Lingua estranxeira)pdf
62Francés (2ª Lingua estranxeira)pdf
63Inglés (2ª Lingua estranxeira)pdf
64Italiano (2ª Lingua estranxeira)pdf
65Portugués (2ª Lingua estranxeira)pdf

Última actualización desta páxina: 28/04/2020

viernes, 17 de abril de 2020

SUSPENSIÓN DE PRAZOS E DATAS DAS PROBAS ESPECÍFICAS DE APTITUDE PARA ACCESO GRAO ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - VIGO E CORUÑA

   As universidades de Vigo e da Coruña suspenderon os prazos e datas que tiñan establecidos para a inscrición e realización da proba específica de aptitude necesaria, xunto a nota de corte da ABAU requerida cada ano, para acceder ao Grao de Actividade Física e do Deporte que se imparte nas dúas universidades.



    Nota na web da Universidade de Vigo co aviso da suspensión dos prazos e datas da proba de aptitude para acceder á titulación de Actividades Físicas e Deporte debido as circunstancias derivadas polo COVID-19    AQUÍ

     A continuación tedes a guía que figura na web da Universidade de Vigo con toda a información sobre o proceso para inscribirse e realizar a proba tal como estaba prevista para este ano, e que quedou suspendido pola pandemia.   





       Nota co aviso de suspensión da entrega de documentación e da realización da proba de aptitude para acceder á titulación de Actividades Físicas e Deporte debido as circunstancias derivadas polo COVID-19 na Universidade da Coruña.

   A continuación tedes a convocatoria que figura na web da Universidade da Coruña con toda a información sobre o proceso para inscribirse e realizar as probas específicas de aptitude tal como estaba prevista para este ano, e que quedou suspendida pola pandemia.