Este é o título - Perderle el miedo a la hiperactividad - dun interesante artículo publicado no diario El Mundo o pasado 22 de xaneiro, no que se fai eco da análise e repaso sobre a incidencia deste trastorno publicado noutro artículo da revista norteamericana 'JAMA Pediatrics' no seu volume de decembro de 2012.
No mesmo, destácanse tres ideas básicas:
- A incidencia do trastorno permanece estable arredor do 5% de nenos.
- Segundo os expertos hoxendía se diagnostica máis porque o TDAH coñécese mellor.
- Perderlle o medo ao psiquiatra e á medicación podería axudar a moitos nenos.
No periódico El Mundo atopamos outros artículos sobre este tema que poden ser de interese. A continuación tedes outro enlace cunha descripción básica dos síntomas que alertan sobre a posible existencia deste trastorno. Neste mesmo artículo aparecen tamén enlaces a diferentes asociacións e plataformas de familias e nenos con TDAH de toda España para realizar consultas ou ampliar información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario