jueves, 21 de febrero de 2013

LA ADOLESCENCIA NOS HIZO HUMANOS

No programa de REDES do pasado 16 de decembro de 2012 emitiuse o documental "la adolescencia nos hizo humanos", no que se fai un repaso a esta etapa fundamental e característica no desenvolvemento dos seres humanos. Unha fase que se produce entre os 10 e 20 anos, aproximadamente, e que non se da nos animais.

Na WEB do programa de televisión española REDES, tedes información sobre o documental e unha entrevista de Eduardo Punset a David Bainbridge, zoólogo da Universidade de Cambridge e autor dun libro sobre a adolescencia, na que analizan diversos aspectos dunha etapa fundamental na vida das persoas que transcorre entre a infancia e a madurez: as fases da adolescencia, o cerebro adolescente, a rebeldía adolescente...

"Ser adolescentes es aquello que nos convierte en seres humanos" David Bainbridge

La adolescencia nos hizo humanos

No seguinte vídeo, A mirada de Elsa, tamén do programa REDES, podemos escoitar a opinión dos propios adolescentes sobre as súas propias vivencias.

La mirada de Elsa - Adolescentes

No hay comentarios:

Publicar un comentario