lunes, 25 de febrero de 2013

BECAS E AXUDAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2013


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca becas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España durante unha semana cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2013.

 Requisitos para optar a beca:

.- Ter nacido entre 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996, e estar matriculado no curso 2012/13 en calquera curso de algún dos seguintes estudos: bacharelato, grao medio de formación profesional, grao medio de artes plásticas e edeseño, grao medio de ensinanzas deportivas, ensinnazas profesionais de música e danza, ensinanzas de idiomas de nivel intermedio e avanzado.

.- Ter a condición de becarios pola convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación no curso 2012/2013.

.- Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

.- Terán preferencia para as becas os que obteñan maior puntuación.

Contía de la beca. 

A contía destas becas cubrirá todos os gastos: , pero os alumnos seleccionados para completar os gastos totais deberán abonar de forma obrigatoria 100 euros á empresa ou empresas que desenvolvan  esta actividade.  Os gastos de traslado correrán a cargo da familia do alumno/a. 

Prazo de presentación de solicitudes: 

Do 20 de febreiro ata ao 14 marzo de 2013.

As solicitudes se tramitarán a través da WEB do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte cumprimentando un formulario.

Dentro do mesmo prazo os alumnos/as solicitantes deberán presentar a certificación do secretario do centro docente onde cursaran os estudos, na que figure que o solicitante cumpre los requisitos académicos establecidos. 

ENLACE DO MINISTERIO para realizar a solicitude  online co formulario. Tamén tedes toda a información anterior. 

CONVOCATORIA DA BECA NA B.O.E. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario