lunes, 18 de mayo de 2020

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA DE MATRÍCULA XULLO 2020 / CALENDARIO ABAU

   A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria ordinaria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xullo 2020). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:





VÍDEO EXPLICATIVO DA CIUG CON INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN 
DAS PROBAS DE ABAU



REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
Este é un dos cambios que estaban previstos, como novidade, na ABAU 2020. O procedemento de reclamacións e solicitude de segundas correccións ás notas de anos anteriores queda unificado nun único proceso que pasa a chamarse de "Revisión"



miércoles, 13 de mayo de 2020

XORNADAS E SESIÓNS DE ORIENTACIÓN VIRTUAL UNIVERSIDADE DE VIGO - #ConectaCoSIE -

   

#ConectaCoSIE


   
       Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula.
  
     As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.
      Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.


XORNADAS ORIENTACIÓN DO 13/14 MAIO

>>>>> O mércores 13 de maio, en horario de tarde de 17:00 h a 19:30 h, terá lugar na plataforma do Campus Remoto da UVigo a nosa Xornada  de Orientación Universitaria Virtual. Pode asistir o alumnado e as familias. Para acceder só é preciso premer na ligazón e introducir no perfil de estudantado nome e a clave de acceso que vos proporcionamos nos correos informativos e no cartel disposto na web da Universidade de Vigo.
Aquí vai a información para que a teñades a man:

Clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb

PROGRAMA MÉRCORES 13 MAIO
17.00-17.05 h
Inauguración da xornada
Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
17.05-17.35 h
Novidades sobre as probas de acceso á universidade (ABAU)
Luis Muñoz, presidente da Ciug 
17.45-18.20 h
Preinscrición, acceso e matrícula
Magdalena Domínguez Álvarez, xefa da Sección de Información ao Estudantado
18.30-18.50 h
Oferta formativa de graos
Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado
19.00-19.20 h
Servizos xerais
Ana Caamaño Martínez, técnica de Captación de Alumnado 
19.30 h
Fin da xornada
Ao final de cada intervención haberá 10 minutos para facer preguntas e resolver dúbidas.

>>>>> O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.
O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.    O vindeiro 14 de maio #ConectaCoaUVigo!

PROGRAMA XOVES 14 MAIO

Horario
Centros
Sala directo
Clave acceso estudantado
Streaming 
directo
11.00-12.00 h
Artes e Humanidades
1
R2h5JAdg    
12.00-13.00 h
Xurídico-Social
2
CLzJ5Qt9    
16.00-17.00 h
Ciencias e Ciencias da Saúde
1
R2h5JAdg    
17.00-18.00 h
Enxeñaría e Arquitectura
2
CLzJ5Qt9    

martes, 28 de abril de 2020

NOVOS MODELOS DE EXAMES NA ABAU 2020 PUBLICADOS NA CiUG - COVID 19

    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou hoxe na súa WEB os novos modelos de exames para a ABAU 2020. A

    A continuación están os enlaces ao modelo de exame de cada materia extraídos da súa páxina WEB: AQUÍ



CódigoMateria
01Lingua Castelá e Literaturapdf
02Lingua Galega e Literaturapdf
03Historia de Españapdf
11Ingléspdf
12Francéspdf
13Alemánpdf
14Portuguéspdf
15Italianopdf
20Matemáticas IIpdf
21Bioloxíapdf
22Debuxo Técnico IIpdf
23 Físicapdf
24Químicapdf
25 Xeoloxíapdf
30Latín IIpdf
31Economía da Empresapdf
32Grego IIpdf
33Historia da Artepdf
34Historia da Filosofíapdf
35Xeografíapdf
40Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociaispdf
50Fundamentos da Arte IIpdf
51Artes Escénicaspdf
52Cultura Audiovisualpdf
53Deseñopdf
61Alemán (2ª Lingua estranxeira)pdf
62Francés (2ª Lingua estranxeira)pdf
63Inglés (2ª Lingua estranxeira)pdf
64Italiano (2ª Lingua estranxeira)pdf
65Portugués (2ª Lingua estranxeira)pdf

Última actualización desta páxina: 28/04/2020

viernes, 17 de abril de 2020

SUSPENSIÓN DE PRAZOS E DATAS DAS PROBAS ESPECÍFICAS DE APTITUDE PARA ACCESO GRAO ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - VIGO E CORUÑA

   As universidades de Vigo e da Coruña suspenderon os prazos e datas que tiñan establecidos para a inscrición e realización da proba específica de aptitude necesaria, xunto a nota de corte da ABAU requerida cada ano, para acceder ao Grao de Actividade Física e do Deporte que se imparte nas dúas universidades.



    Nota na web da Universidade de Vigo co aviso da suspensión dos prazos e datas da proba de aptitude para acceder á titulación de Actividades Físicas e Deporte debido as circunstancias derivadas polo COVID-19    AQUÍ

     A continuación tedes a guía que figura na web da Universidade de Vigo con toda a información sobre o proceso para inscribirse e realizar a proba tal como estaba prevista para este ano, e que quedou suspendido pola pandemia.   





       Nota co aviso de suspensión da entrega de documentación e da realización da proba de aptitude para acceder á titulación de Actividades Físicas e Deporte debido as circunstancias derivadas polo COVID-19 na Universidade da Coruña.

   A continuación tedes a convocatoria que figura na web da Universidade da Coruña con toda a información sobre o proceso para inscribirse e realizar as probas específicas de aptitude tal como estaba prevista para este ano, e que quedou suspendida pola pandemia. 

jueves, 16 de abril de 2020

APRAZAMENTO DA PROBA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES PREVISTA PARA O 23/4/2020

    A Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa comunicou na súa WEB o aprazamento das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP previstas para o 23 de abril de 2020.  Proximamente, en función da evolución da pandemia causada por Covid-19, publicarase un novo calendario de probas de acceso.

  

ACORDOS DA CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN SOBRE O CURSO ESCOLAR 2019/20 NO TERCEIRO TRIMESTRE - COVID 19


    O Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) acordou onte, 15 de abril de 2020, coas Comunidades Autónomas que se manterá a actividade educativa no terceiro trimestre, de momento a distancia, en función das restricións sanitarias, e que o curso non se prolongará maís alá do mes de xuño. Durante o período estival as adminsitracións organizarán ou apoiarán a realización de actividades de reforzo voluntarias.

 RESUMO DE ACORDOS
  • .- La evaluación será continua, la promoción de curso será la norma general y la titulación debe ser la práctica habitual para los alumnos de 4º de ESO y 2º de Bachillerato y FP
  • .- El tercer trimestre se dedicará a la recuperación, el repaso y el refuerzo con actividades debidamente tutorizadas y evitando sobrecargar a los estudiantes
  • .- La EVAU se celebrará entre el 22 de junio y el 10 de julio de 2020 en convocatoria ordinaria y antes del 10 de septiembre en convocatoria extraordinaria, tal y como se acordó en la anterior Conferencia Sectorial
                ACCESO Á NOTA DE PRENSA COMPLETA  AQUÍ

jueves, 2 de abril de 2020

INFORMACIÓN E AUTORIENTACIÓN UNIVERSIDADE EN GALICIA: VIGO, SANTIAGO E CORUÑA

    A Semana Santa pode ser un bo momento para tomar un pequeno respiro no traballo académico nesta situación excepcional que estamos vivindo e sacar tempo para dedicalo na busca de información e autoorientarnos a través dos canles adecuados.  Para empezar, e aproveitando que a Universidade de Santiago organizará nos proximos días uns encontros virtuais, podedes "dar unha volta" virtual pola oferta das nosas tres universidades. A continuación deixo os enlaces necesarios.

    Recordade que ao longo destes días publicaremos no blog  máis información sobre diversos temas de orientación académica, fundamentalmente da ABAU,  universidade e formación profesional.

    A Universidade de Santiago organizará durante a Semana Santa ENCONTROS VIRTUAIS para todo o alumnado interesado, para as familias e o resto da sociedade.
      A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os ?Encontros Virtuais? orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

      Os ?Encontros Virtuais? da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

       Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección                           

       A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o    Presentacións das titulacións
o    Obradoiros, Retos, etc.
o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o    Pílulas relacionadas coa titulación
o    Concursos
o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación





 QUE ESTUDAR NA UNIVERSIDADE DE VIGO


A oferta formativa da Universidade de Vigo é ampla. Novos graos, mestrados e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias...
No menú desta sección poderás acceder á información sobre os estudos de grao, mestrado, doutoramento e o noso Programa universitario de maiores.
A Universidade de Vigo tamén oferta dúas titulacións enmarcadas dentro do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (Ultreia 2020) que son o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e o Grao en Enxeñaría  en Tecnoloxías Industriais.
Para facilitar a busca de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo, poñemos á vosa disposición unha guía académica que permite consultar a oferta de materias por curso, cuadrimestre, idioma e facultade ou escola.

Se te achegas á universidade por primeira vez e dubidas sobre que titulación escoller, pode que atopes útil a consulta do apartado orientámoste ou todos estesvídeos sobre cada un dos graos que se ofertan e a opinión do alumnado sobre eles.












SERVIZOS DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO PARA NOVOS ESTUDANTES DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA
Universidade de Vigo
SIE: Servizo de información, orientación e promoción do estudante

Universidade de Santiago de Compostela


Universidade da Coruña
SAPE: Servizo de asesoramento e promoción do estudante

AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINADOS

       O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desde a sección de Psicoloxía Educativa, publicou este documento con consellos e recomendacións para axudar aos adolescentes neste momento de corentena a afrontar o confinamento desde unha actitude positiva e de fortalecemento.

DESCARGA DOCUMENTO ORIXINAL AQUÍ