A Semana Santa pode ser un bo momento para tomar un pequeno respiro no traballo académico nesta situación excepcional que estamos vivindo e sacar tempo para dedicalo na busca de información e autoorientarnos a través dos canles adecuados. Para empezar, e aproveitando que a Universidade de Santiago organizará nos proximos días uns encontros virtuais, podedes "dar unha volta" virtual pola oferta das nosas tres universidades. A continuación deixo os enlaces necesarios.
Recordade que ao longo destes días publicaremos no blog máis información sobre diversos temas de orientación académica, fundamentalmente da ABAU, universidade e formación profesional.
A Universidade de Santiago organizará durante a Semana Santa ENCONTROS VIRTUAIS para todo o alumnado interesado, para as familias e o resto da sociedade.
Os ?Encontros Virtuais? da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC. Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
|
A oferta formativa da
Universidade de Vigo é ampla. Novos graos, mestrados e programas
de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado
laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia,
videoconferencias...
No menú desta sección
poderás acceder á información sobre os estudos
de grao, mestrado, doutoramento
e o noso Programa universitario de
maiores.
A Universidade de Vigo tamén
oferta dúas titulacións enmarcadas dentro do Plan de Excelencia do Sistema
Universitario de Galicia (Ultreia 2020) que son o Grao en Enxeñaría de
Tecnoloxías de Telecomunicación e o Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías
Industriais.
Para facilitar a busca de
materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo, poñemos á vosa
disposición unha guía académica
que permite consultar a oferta de materias por curso, cuadrimestre, idioma e
facultade ou escola.
Se te achegas á universidade
por primeira vez e dubidas sobre que titulación escoller, pode que atopes útil
a consulta do apartado orientámoste ou
todos estesvídeos sobre cada un dos graos que se ofertan e a opinión do alumnado sobre
eles.
|


SERVIZOS DE INFORMACIÓN,
ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO PARA NOVOS ESTUDANTES DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA
|
|
Universidade da Coruña
SAPE: Servizo de asesoramento e promoción do estudante
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario