O Concello de Vigo acaba de convocar a oferta de becas de inglés no estranxeiro para estudantes de 3º de ESO de Vigo, un programa municipal de inmersión en lingua inglesa denominado: VIGO EN INGLÉS.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n 36202 Vigo) será do 3 de marzo ao 15 de marzo de 2017, ambos inclusive.
CONVOCATORIA
A convocatoria deste programa de inmersión lingüísitca en inglés oferta ata 657 prazas para alumnado de 3º ESO, 357 para centros públicos e 300 para centros privados concertados.
O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
Requisitos
Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
- Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2016/2017
- Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
- Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
- Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
- Non ter concedida, no ano 2017, outra axuda coa mesma finalidade.
- Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario