domingo, 5 de marzo de 2017

CONVOCATORIA DE AXUDAS EN GALICIA PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) 2017


    A Consellería de Educación publicou no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 27 de febreiro de 2017 a Orde pola que se convocan estas axudas para  a realización de actividades de formación en linguas estraxeiras neste ano 2017. 
    Estas axudas están destinadas para alumnado que estea cursado ESO ou Bacharelato no curso actual en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

REQUISITOS

.- Poden optar a elas os alumnos e alumnas que estean cursando calquera curso de ESO ou bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
.- Deberán ter superadas todas as materias no curso pasado (2015/16).
.- Ter acadado no curso 2015/16, unha cualificación mínima de 6 tanto na ESO como no bacharelato (no caso dos alumnos de 1ºESO deberán ter un BEN como nota mínima no curso de 6º de Primaria).
.- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
.- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.  No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
.- Non estar dentro das prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


CARACTERÍSTICAS DA BECA


.- As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, duración, custo por praza, destino e réxime de aloxamento no anexo IV da orde, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.

.- O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. A duración da actividade será dunha semana para bacharelato e de dúas semanas para a ESO.

.- O custo total de cada actividade inclúe: 
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar. 
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
d) Os gastos de mantenza e aloxamento. 
e) O certificado de realización da actividade. 
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO E SOLICITUDE: Do 27 de febreiro ao 27 de marzo de 2017. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

MÁIS INFORMACIÓN:
     As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña (internet) o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario