lunes, 27 de agosto de 2018

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS : RECOPILACIÓN E ACTUALIZACIÓN

      Neste enlace dentro do blog encontraredes unha reocopilación actualizada das becas e axudas xerais para estudos en todos os niveis educativos.

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2018/19


    O Ministerio de Educación e Ciencia publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2018/19.
     O prazo de solicitude é do 15 de agosto ao 27 de setembro de 2018.

   No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio. 

Becas y ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo
Curso 2018/2019
Acceso al servicio online

martes, 26 de junio de 2018

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2018-19

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP e a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2018/19.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2018/19

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2018 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 3 ao 11 de setembro de 2018 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2018/19

.- Información xeral de admisión FP 2018/19 (WEB Consellería de Educación)

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio e Ciclos de Grao Superior

.- Normativa de admisión - Regulación

OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2018/19

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2018/19


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2018/19

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.

lunes, 7 de mayo de 2018

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA XUÑO 2018 / CALENDARIO ABAU

    
    O 4 de maio de 2018 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2018).

DATAS DA PROBA XUÑO  
Convocatoria de xuño: días 12, 13 e 14  
Convocatoria de setembro: días  12, 13 e 14
   
A continuación tedes o enlace co documento completo con toda a información e o cartel calendario da ABAU publicado pola CiUG:

CARTEL CALENDARIO DA ABAU (CiUG)




    O próximo 23 de maio, ás 12 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a ABAU 2018.

jueves, 12 de abril de 2018

INSTRUCIÓNS DA CiUG PARA A REALIZACIÓN DA ABAU 2018 E PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ACTUALIZADOS

    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) acaba de publicar unha circular na súa páxina WEB, con data do 9 de abril de 2018, con instrucións sobre a ABAU (probas de avaliación de bacharelato para o acceso á univiersidade) coa finalidade de que se produzan o menor número de incidencias durante a súa realización. 

    No seguinte enlace están ás instrucións para consultalas e descargalas.


    Tamén tedes a continuación o enlace, tamén na WEB da CiUG, coa nova tabla de paramétros de ponderación para a parte voluntaria da ABAU neste ano 2018 en Galicia.  Nela aparecen as ponderacións das novas titulacións que se van implantar nas diferentes universidades galegas para o curso 2018/19.  


   Nesta táboa provisional, pendente de publicación no Diario Oficial de Galicia, aparecen os parámetros de ponderación dos novos graos que comezarán a impartirse no próximo curso 2018/19 nas universidades galegas: Enxeñaría biomédica en Vigo, Criminoloxía e Biotecnoloxía en Santiago, Grao en Paixase compartido entre Lugo e Coruña e Xestión industrial da moda en Ferrol. 

   Ademais, como novidade, e conforme ao establecido no artigo 3 da "Orden ECD/42/2018 do 25 de xaneiro (BOE do 26/1/2018)", en Galicia a Segunda lingua estranxeira terá unha ponderación de 0,2 en todos os graos das ramas de Artes e humanidades, en Ciencias sociais e xurídicas.

martes, 3 de abril de 2018

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2018-19

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra


     Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) - ou na Universidade da Coruña (INEF) - ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

    Na WEB da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte xa están publicadas as datas de solicitude e do día da proba:



PROBAS MAIO-XUÑO 2018
          - Presentación de solicitudes do 11 de marzo ao 10 de abril de 2019.
          - Realización das probas físicas:
                                       .- 1ª data: 22 de maio de 2019        
                                       .- 2ª data: 20 de xuño de 2019

PROBAS XULLO 2019
        Convocarase no caso de que queden prazas vacantes en xuño          
        - Presentación de solicitudes do 3 ao 5 de xullo de 2019
        - Realización das probas físicas: 23 de xullo de 2019
                         
  A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2019/20. Tamén se conservará para a convocatoria seguinte 2020/21.    
                               
   Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala ou descargala: convocatoria, regulamento das probas, modelos de solicitude e procedemento de pago.

ENLACE WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTE

.- Convocatoria Probas de Aptitude para o acceso ao Grao en Actividade Física e do Deporte - 2019/20


.- Reglamento Pruebas Aptitud Física 


.- Guía das probas físicas de aptitude


              Presentación de solicitudes
              .- Procedimiento de inscripción  

                .- Inscripción


NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador. 

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2018-19


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes: 

* Oportunidade do 21 de abril de 2018: prazo de inscripción nas probas do 02.03.2018 ás 14:00 h ao 28.03.2018 (ambos inclusive)  

* Oportunidade do 20 de xuño de 2018: prazo de inscripción nas probas do 08.05.2018 ás 14:00 h ao 02.06.2018 (ambos inclusive). A esta oportunidade poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na oportunidade de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta. 

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2018/19. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2019/20 e 2020/21.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

viernes, 9 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP 2018

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2018
  
 Na WEB da Consellería de Educación está o enlace da Orde do 22 de xaneiro de 2018 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior para o curso 2018/19, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2018.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2018


______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 8 ao 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 19 de abril de 2018 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


  As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
   ______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 12 ao 23 de marzo de 2008, ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 31 de maio de 2018 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).

    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba
________________________________________________________


____________________________________________________________

Para obter MÁIS INFORMACIÓN sobre as probas preme sobre: