Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.
A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña
xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a solicitude e inscribirse nas mesmas:
Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes:
* Oportunidade do 21 de abril de 2018: prazo de inscripción nas probas do 02.03.2018 ás 14:00 h ao 28.03.2018 (ambos inclusive)
* Oportunidade do 20 de xuño de 2018: prazo de inscripción nas probas do 08.05.2018 ás 14:00 h ao 02.06.2018 (ambos inclusive). A esta
oportunidade poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na
oportunidade de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta.
A
superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para
acceder no curso 2018/19. Tamén se
conservará para os dous cursos seguintes 2019/20 e 2020/21.
Na
PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da
Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao,
podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.
NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario