O seis de maio de 2019 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2019). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:
DATAS DAS PROBAS

O lugar de realización dos exames de ABAU para o alumnado do IES do Castro será na Escola de Enxeñaría das Telecomunicacións de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende (Comisión delegada 21)
No seguinte enlace podedes consultar e descargar o cartel calendario da ABAU publicado pola CiUG con todas as datas do proceso de acceso á universidade en Galicia: realización das probas de ABAU, preinscipción para solicitar praza nas universidades galegas e matrícula nos grados se conseguides praza.
CARTEL CALENDARIO DA ABAU (proba acceso, admisión e matrícula) 2019 (CiUG)
É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:
1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza e admisión nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
.- Estrutura da proba ABAU.
.- Sistema de cualificación e nota de admisión ABAU.
.- Presentación exemplo de cualificación e nota admisión ABAU.
.- Parámetros de ponderación da parte voluntaria da ABAU 2019/20.
.- Últimas notas de corte - Curso 2018/19 nas universidades galegas.
.- Procedemento de reclamación e/ou segunda corrección das cualificacións da ABAU
.- Sistema de cualificación e nota de admisión ABAU.
.- Presentación exemplo de cualificación e nota admisión ABAU.
.- Parámetros de ponderación da parte voluntaria da ABAU 2019/20.
.- Últimas notas de corte - Curso 2018/19 nas universidades galegas.
.- Procedemento de reclamación e/ou segunda corrección das cualificacións da ABAU
2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou xullo, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario. No caso de estar interesados en estudar fóra de Galicia, no seguinte enlace da CiUG tedes acceso aos servizos de información e preinscripción das universidades españolas.
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.
AVISO: O próximo xoves 23 de maio, ás 12,30 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a ABAU 2019 e para entregar a documentación necesaria para matricularse na proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario