A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da proba de avaliación final de bacharelato (ABAU) de xuño 2017 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos universitarios das universidades galegas. Tamén están recollidas algunhas instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.
ACCESO Á UNIVERSIDADE
É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:
1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
.- Sistema de cualificación e nota de admisión ABAU.
.- Presentación exemplo de cualificación e nota admisión ABAU.
.- Parámetros de ponderación da parte voluntaria da ABAU 2017/18.
.- Últimas notas de corte - Curso 2016/17 nas universidades galegas.
.- Procedemento de reclamación e/ou segunda corrección das cualificacións da ABAU
2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou setembro, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.
ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES DE F.P.
Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional superior. Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas. Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo. Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.
=======================================
ABAU - AVALIACIÓN DE BACHARELATO
PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE - XUÑO 2017 (Datas importantes)
PROCEDEMENTO ADMISIÓN E
MATRÍCULA S.U.G. (Sistema Universitario Galicia)
|
23-26 de maio: Prematrícula ABAU na secretaría dos institutos. No
IES do Castro centrarase a prematrícula o mércores 24 de maio de 9 a 14 horas.
Entregarase ao alumnado un resgardo de matrícula co código de acceso á
aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación. Para
realizar a matrícula será necesario recoller en secretaría o impreso de taxas
de autoliquidación e facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria.
Tamén será necesario realizar o depósito do título de bacharel no
momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade ABAU.
|
2 de xuño: Consulta en NERTA da listaxe provisional de
matriculados. Previamente, o 29 de
maio, o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas
listaxes de matriculados por se é necesario interpoñer reclamación no caso
dalgún erro.
|
7, 8, 9 de xuño: Realización das probas daABAU. O lugar para os
alumnos/as do IES do Castro será na EU de Enxeñaría das
Telecomunicacións (Comisión Delegada 21) no campus universitario
As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. O horario dos exames
podedes encontralo na WEB da CiUG no seguinte enlace:
|
12 de xuño: Comunicación, por
correo electrónico, dos criterios específicos de avaliación de
cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi
importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en
internet).
|
16 de xuño: Cualificacións provisionais da ABAU,
difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da
ABAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA
aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais
da ABAU.
|
17 a 20 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda
corrección das cualificacións da ABAU. No caso de desacordo con
algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda
corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do
proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.gal/PDF/reclamacion17.pdf
20 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros
de ensino secundario as Tarxetas de cualificación da ABAU.
22 xuño:
fanse públicas as cualificacións despois da resolución das reclamacións e
solicitudes de 2ª corrección (a partir das 13h.)
23 a 27 xuño: Solicitudes de reclamación á segunda
corrección para o alumnado que non estea conforme coa cualificación.
29 xuño: Publícanse as cualificacións definitivas despois
das reclamacións aos resultados da segunda corrección.
|
19 ao 30 xuño: Solicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias
oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte
enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades
Galegas para o curso 2017/18: http://ciug.gal/PDF/triptico17.pdf
- Esta solicitude poderase
facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso
a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación).
É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as
solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información
sobre o proceso de admisión: http://ciug.gal/preins.php
|
11 xullo:
Preasignación de prazas para o primeiro prazo de
matrícula. Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de
admitidos e de espera. Exposición na Internet, ás 15.00 horas, das
listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula. Envío polos responsables do NERTA aos
interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 12
ao 14 de xullo (ata 14.00 horas do día 14)
|
18 xullo:
Preasignación de prazas para o segundo prazo de
matrícula.
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 19
ao 21 de xullo (ata 14.00 horas do día 21)
26 xullo:
Preasignación de prazas para o terceiro prazo de
matrícula.
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27
ao 31 de xullo (ata 14.00 horas do día 31)
1 setembro:
Preasignación de prazas para o cuarto prazo de
matrícula.
4º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 4
ao 6 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
8 setembro:
Preasignación de prazas para o quinto prazo de
matrícula.
5º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 11
ao 13 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
|
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG:
Lugares de matrícula das tres
universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php
|
DOCUMENTACIÓN E MATERIAL
QUE DEBES LEVAR Á PROBA
|
XERAL .- DNI (Documento
Nacional de Identidade) ou pasaporte.
.-
Pluma ou bolígrafo negro ou azul
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar calculadora
non programable.
As táboas necesarias para resolver problemas
(Matemáticas, Química) serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen
necesarias.
* Para Latín e Grego levarán dicionario.
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar o
material axeitado para realizar as probas
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma,
escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar
varias minas de compás preparadas). Ademais convén levar lixa para afiar,
celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir o material durante os exames, tampouco o típex.
|
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN
DOS EXAMES DA ABAU 2017 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
|
.- Aos lugares de realización dos exames da ABAU non está permitida a asistencia con
teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as calculadoras
non programables mencionadas. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.
.- Todos os
alumnos/as deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas e
logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un
deles. (Ver o enlace dos horarios concretos de cada exame no páxina anterior)
.- No momento da presentación, o tribunal asignaralle
un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que
os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún
xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao
alcance de persoas estrañas.
.- Os
exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar
marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación
persoal.
.- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada
estudante un caderno de exame formados por dúas follas A-3 (8 páxinas de
tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar
as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin
engadir follas.
.- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente
etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal,
esperando que este comprobe que se lle entrega no número e condicións
debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas.
DÚBIDAS
E IMPREVISTOS
Se por causa excepcional chegas tarde o primeiro día ou
a algún exame, se perdes a documentación ou tes algún incidencia cos
adhesivos de código de barras ponte e contacto co profesor/a do centro que
vos acompañe ou co vixiante do Tribunal para comunicarlles o teu problema .
|
RECOMENDACIÓNS E CONSELLOS
PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
|
Antes
da proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer é
desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine,
facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a
habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a
documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con tempo e
non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa
antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea
a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante
a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen en
cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que
aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de
opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para realizar as
probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para comprender
exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas
e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as
presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras e
coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as
ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible para o
examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode
levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para
repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún
exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a
sabías.
WEBS E ENLACES DE CONSULTA:
*
Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
*
Calendario xeral ABAU 2017: http://ciug.gal/PDF/calendpabau2017n.pdf
*
Convocatoria matrícula selectividade xuño 2017: http://ciug.gal/PDF/convabau17.pdf
Para ampliar a
información podedes consultar as últimas entradas publicadas no blog de
orientación do Castro referidas á selectividade (ABAU): http://orientacastro.blogspot.com.es (etiquetas: selectividade e universidade)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario