A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia durante estes días anteriores as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2016/17. Estas ensinanzas
O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior. A continuación están recollidas as instruccións para a incripción e realización das probas para o acceso a algúns destes estudos no curso 2016/17.
O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que cumpra 19 anos en 2016, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 29 de abril ao 30 de maio de 2016 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.
A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.
Estas ensinanzas forman parte das Ensinanzas de Réxime Especial. A continuación tedes o enlace ás mesmas dentro da WEB de educación da Xunta: ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 14 de xuño de 2016, ambos incluídos, na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo.
As probas específicas comezarán o día 29 de xuño conforme ao calendario que se estableza pola comisión de acceso na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo
|
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 13 de xuño de 2016 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra
As probas específicas comezarán o día 27 de xuño de 2016 conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
|
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 7 de xuño de 2016 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño de 2016 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.
|
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 6 de xuño de 2016 na secretaría dos Conservatorios Superiores de Música.
As probas específicas comezarán o día 20 de xuño conforme ao calendario que se estableza a comisión de acceso dos Conservatorios Superiores de Música que organizarán a distribución horaria e os espazos de actuación de cada tribunal.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario