miércoles, 7 de diciembre de 2016

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR 2016 (VIGO)


    O mércores 14 de decembro de 2016, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 11ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR:

    A visita será pola mañá e durará aproximadamente hora e media. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2016 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo, a Universidade de Santiago, a Universitat Autónoma de Barcelona e a Universidad Complutense de Madrid.

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)

·CEDEU Centro de Estudios Universitarios
·Centro Universitario Villanueva
·CESUGA
·ELISAVA Escuela Universitaria de Barcelona - Diseño e Ingeniería
·ESADE
·Escuela de Negocios Afundación
·Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Catalunya
·ESI Valladolid, Escuela Superior de Diseño
·ESIC Business & Marketing School
·ESNE - Escuela  Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología
·Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi
·IE University
·IEB
·IED Istituto Europeo di Design
·ISDE (Instituto Superior de Derecho y Economía)
·LCI Barcelona, Escuela Superior de Diseño
·Les Roches Marbella International School of Hotel Management
·The Student Housing Company
·UManresa – UVic-UCC
·Universidad Alfonso X El Sabio
·Universidad Camilo José Cela
·Universidad CEU San Pablo
·Universidad Complutense de Madrid
·Universidad de Deusto
·Universidad de Navarra
·Universidad de Santiago de Compostela
·Universidad Europea de Madrid
·Universidad Europea del Atlántico
·Universidad Europea Miguel de Cervantes (UECM)
·Universidad Nebrija
·Universidad Pontificia Comillas  ICAI-ICADE
·Universidade de Vigo
·Universitat Autònoma de Barcelona
·Universitat Pompeu Fabra Barcelona
·UVIC (Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya)

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Las 50 carreras - ¿Dónde estudiar las más demandadas 2016/17?

.- Guía 2016/17 de estudios superiores y de postgrado

lunes, 10 de octubre de 2016

PROGRAMA ORIENTA 2016/17

    Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA actualizado para o curso 2016/17 con información útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional tanto para alumnado de ESO como de bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato ou un ciclo de grao medio de FP se estás na cursando a ESO, ou de estudos superiores (graos universitarios, ciclos superiores de FP, etc.)  se cursas bacharelato.  

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2016-17 de Ciclos Formativos medios e superiores de Formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..
    
  Na columna esquerda de enlaces do blog tes o enlace permanente: 


  
                                                                     
   Se queres baixarte o programa completo no teu ordenador, tablet ou móvil podes facelo no seguinte enlace:     BÁIXATE O ORIENTA 2016/17
A continuación tes explicado como acceder no antigo blog de orientación
http://www.elorienta.com/castro/

miércoles, 31 de agosto de 2016

BECAS XERAIS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS CURSO 2016/17(NIVEIS NON UNIVERSITARIOS:BACHARELATO, FP...)


   Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios (bacharelato, formación profesional etc) para o curso 2016/17

Datos generales:
  • Plazo de presentación
    • Desde: 16 de agosto de 2016
    • Hasta: 3 de octubre de 2016

Para obtener toda la información acerca de esta convocatoria, consulte el portal de becas generales 2016 - 2017

Índice

   No seguinte enlace tedes toda a información sobre quen pode solicitar as becas, os requisitos xerais e académicos para acceder a elas, o tipo de becas e que inclúen entre outras cuestións: 

CONSULTA SOBRE AS BECAS 2016/17

   A solicitude pódese realizar via online rexistrándose na WEB do Ministerio de educación: 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

     Para consultar calquera sobre o tema de becas en xeral, no blog tedes un enlace na columna lateral esquerda:          BECAS E AXUDAS

jueves, 25 de agosto de 2016

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2016/17



    O Ministerio de Educación e Ciencia publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2016/17.

     O prazo de solicitude é do 8 de agosto ao 29 de setembro de 2016.

   No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio. 


Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo
Curso 2016/2017
Acceso al servicio onlinePlazo de presentación:ABIERTO desde el 08 de agosto de 2016 hasta el 29 de septiembre de 2016

Índice



martes, 28 de junio de 2016

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2016-17

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP como a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2016/17.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2016/17

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 27 de xuño ao 5 de xullo de 2016 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 1 ao 9 de setembro de 2016 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2016/17

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio

.- Admisión en Ciclos FP Grao Superior
.- Normativa de admisión - Regulación

OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2016/17

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2017/17


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2016/17

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.

lunes, 23 de mayo de 2016

RESUMO DATAS, INSTRUCIÓNS E CONSELLOS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2016

   A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da selectividade (PAU) de xuño 2016 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos das universidades galegas. Tamén  están recollidas as instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.

ACCESO Á UNIVERSIDADE


 É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:


1.- En primeiro lugar está a matrícula e a realización da PAU (Proba de Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar para solicitar posteriormente praza nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.

    
2.- Unha vez aprobada a selectividade, na convocatoria de xuño ou setembro, está o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

ACCESO AOS  CICLOS SUPERIORES DE F.P.


   Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional superior.  Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.

    Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas.   Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo.  Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
    No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
    Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.          
=======================================

SELECTIVIDADE XUÑO 2016 (Datas importantes)
PROCEDEMENTO ADMISIÓN E MATRÍCULA S.U.G. (Sistema Universitario Galicia)

24-27 de maio: Prematrícula PAU na secretaría dos institutos. No IES do Castro centrarase a prematrícula o mércores  e xoves 25 e 26 de maio de 9 a 13 horas. Entregarase aos alumnado un resgardo de matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación. Na WEB do instituto tedes a documentación necesaria e as taxas a pagar para matricularse nas PAU. Previamente será necesario realizar o depósito do título de bacharel. Será necesario cubrir un impreso e abonar as taxas: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2016/05/selectividade-2016.pdf.
3 de xuño: Consulta en NERTA da listaxe provisional de matriculados. Previamente, o 30 de maio, o alumnado deberá revisar no centro que os datos contidos nas listaxes de matriculados por se é necesario interpoñer reclamación no caso dalgún erro.
8, 9, 10 de xuño: Realización das probas. O lugar para os alumnos/as do IES do Castro será na Escola de Enxeñaría das Telecomunicacións (Comisión Delegada 21) no campus universitario As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. O horario dos exames podedes encontralo no anexo III do documento da CiUG sobre a matrícula na PAU: http://ciug.gal/PDF/convocantic2016.pdf
15 de xuño: Publicación dos criterios específicos de avaliación de cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en internet).
17 de xuñoCualificacións provisionais da PAU, difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da PAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da PAU
18 a 21 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda corrección das cualificacións das PAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.cesga.es/reclamacion.php

21 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros de esnsino secundario as Tarxetas de cualificación da PAU.

23 xuño: fanse públicas as as cualificacións despois da resolución das reclamacións e solicitudes de 2ª corrección.
20 xuño a 1 xulloSolicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades Galegas: http://ciug.gal/PDF/ofertaycortes16.pdf. Esta oferta de prazas para o curso 2016/17 é provisional e está pendente de aprobación pola Conferencia General de política universitaria.
- Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación). É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.cesga.es/preins.php
30 xuño: Publícanse as cualificacións despois de resolver as solicitudes de reclamación e segunda corrección.

2 xullo: Cualificacións definitivas despois das reclamacións ao resultado da segunda corrección se é o caso.
12 xullo:
- Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Exposición na Internet, ás 18.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Envío polos responsables do NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 13 ao 15 de xullo (ata 14.00 horas do día 15)
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 20 ao 22 de xullo (ata 14.00 horas do día 22)
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27 ao 29 de xullo (ata 14.00 horas do día 29)
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG:http://ciug.cesga.es/procedementoacceso.php
Lugares de matrícula das tres universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA
XERAL  .- DNI (Documento Nacional de Identidade) ou pasaporte.
                .- Pluma ou bolígrafo negro ou azul
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar calculadora non programable.
As táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen necesarias.
* Para Latín e Grego levarán dicionario.
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas). Ademais convén levar lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir o material durante os exames, tampouco o típex.


INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA PAU 2016 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
.- Aos lugares de realización dos exames da PAU non está permitida a asistencia con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as calculadoras non programables mencionadas. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.
.- Todos os alumnos/as deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas da mañá e logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un deles. (Ver o enlace dos horarios concretos de cada exame no páxina anterior)
.- No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barrasque os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
.- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
.- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formados por dúas follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
.- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal, esperando que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas.

DÚBIDAS E IMPREVISTOS
Se por causa excepcional chegas tarde o primeiro día ou a algún exame, se perdes a documentación ou tes algún incidencia cos adhesivos de código de barras ponte e contacto co profesor/a do centro que vos acompañe ou co vixiante do Tribunal para comunicarlles o teu problema .

RECOMENDACIÓNS E CONSELLOS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
Antes da proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer é desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine, facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con tempo e non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen en cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para realizar as probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para comprender exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras e coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible para o examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a sabías.
                               
WEBS E ENLACES DE CONSULTA:
               
    * Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
    * Calendario xeral PAU 2016: http://ciug.gal/PDF/calendariocentros2016.pdf.
    * Convocatoria matrícula selectividade xuño 2016:
                                         http://ciug.gal/PDF/convocantic2016.pdf
                       
Para ampliar a información podedes consultar as últimas entradas publicadas no blog de orientación do Castro referidas á selectividade: http://orientacastro.blogspot.com.es (etiquetas: selectividade e universidade)


miércoles, 4 de mayo de 2016

PROBA ACCESO Á UNVERSIDADE - CONVOCATORIA XUÑO 2016

    
    O tres maio de 2016 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria anticipada e ordinaria da proba de acceso á universidade de xuño 2016.

     A continuación tedes o enlace co documento completo con toda a información:


Convocatoria de xuño: días 8, 9 e 10  
Convocatoria de setembro: días 14, 15 e 16 


    O próximo 24 de maio, ás 10 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre as probas de selectividade 2016

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2016/17

     
    A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia durante estes días anteriores as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2016/17. Estas ensinanzas
    
    O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior.  A continuación están recollidas as instruccións para a incripción e realización das probas para o acceso a algúns destes estudos no curso 2016/17.

    O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que cumpra 19 anos en 2016, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
       Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 29 de abril ao 30 de maio de 2016 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.

    A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
 
     Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.

     Estas ensinanzas forman parte das Ensinanzas de Réxime Especial. A continuación tedes o enlace ás mesmas dentro da WEB de educación da Xunta:  ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

 
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 14 de xuño de 2016, ambos incluídos, na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo. 

As probas específicas comezarán o día 29 de xuño conforme ao calendario que se estableza pola comisión de acceso na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo

2016/17
Requisitos de accesoEstar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 13 de xuño de 2016 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra

As probas específicas comezarán o día 27 de xuño de 2016 conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 7 de xuño de 2016 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño de 2016 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.

2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 6 de xuño de 2016 na secretaría dos Conservatorios Superiores de Música.

As probas específicas comezarán o día 20 de xuño conforme ao calendario que se estableza a comisión de acceso dos Conservatorios Superiores de Música que organizarán a distribución horaria e os espazos de actuación de cada tribunal.



jueves, 14 de abril de 2016

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) 2016


    A Consellería de Educación publicou no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 14 marzo de 2016 a Orde pola que se convocan estas axudas para  a realización de actividades de formación en linguas estraxeiras neste ano 2016. Estas axudas están destinadas para alumnado que estean cursado ESO ou Bacharelato no curso actual en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
    Para consultar a información completa ver: Orde coa convocatoria completa das axudas

REQUISITOS 

.- Poden optar a elas os alumnos e alumnas que estean cursando calquera curso de ESO ou bacharelato do instituto.
.- Deberán ter superadas todas as materias no curso pasado (2014/15).
.- Ter acadado no curso 2014/15, unha cualificación mínima de 6 tanto na ESO como no bacharelato (no caso dos alumnos de 1ºESO deberán ter un BEN de nota media no curso de 6º de Primaria).
.- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
.- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
.- Non estar dentro das prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CARACTERÍSTICAS DA BECA


.- As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV da orde, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.

.- O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. A duración da actividade será dunha semana para bacharelato e de dúas semanas para a ESO.

.- O custo total de cada actividade inclúe: 
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar. 
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
d) Os gastos de mantenza e aloxamento. 
e) O certificado de realización da actividade. 
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no D.O.G.
     O prazo está aberto dende o 28 de marzo ata o 29 de abril (incluído).

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN


     As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña (internet) o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.