O martes 31 de marzo de 2015 publicouse no B.O.E. (Boletín Oficial del Estado) unha resolución do 17 de marzo da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y
Universidades, pola que se convocan axudas para participar nun
Programa de Inmersión Lingüística en inglés en colonias de vacacións para o verán de 2015.
REQUISITOS XERAIS DOS SOLICITANTES:
Poderán participar os alumnos/as de primeiro e segundo de ESO que reúnan as siguientes condicións:
PARA ALUMNADO DE 1º ESO
.- Deberán estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/15
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" na nota media do curso 2013/14 (sexto primaria).
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota final na materia de inglés no curso 2013/14 (sexto primaria).
.- Non ter disfrutado destas axudas en cursos anteriores.
PARA ALUMNADO DE 2º ESO
.- Deberán estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/15
.- Ter obtido, como mínimo, "notable, 7" na nota media do curso 2013/14.
.- Ter obtido, como mínimo, "notable, 7" como nota final na materia de inglés no curso 2013/14.
.- Non ter disfrutado destas axudas en cursos anteriores.
O programa se desenvolverá dúas quincenas:
- O primeiro turno do 28 de xuño ao 12 de xullo para o alumnado de 1º ESO.
- O segundo turno do 12 de xullo ao 26 de xullo para o alumnado de 2º ESO.
- O primeiro turno do 28 de xuño ao 12 de xullo para o alumnado de 1º ESO.
- O segundo turno do 12 de xullo ao 26 de xullo para o alumnado de 2º ESO.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do 1 de abril (día seguinte da publicación da resolución).
Nos seguintes enlaces se pode obter máis información sobre a dotación e carácter das axudas e outros aspectos da convocatoria. Tamén están os enlaces a páxina do ministerio para formalizar as solicitudes e seguir a súa tramitación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario