jueves, 2 de mayo de 2013

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2012/13

A Consellería de Educación convoca para este curso un máximo de 20 premios extraordinarios de bacharelato. Cada premio estará dotado con 1000 euros e o alumnado que obtivese este premio recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo.

Estes premios son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato aos que poderán optar tras a correspondente inscrición se obteñen o premio extraordinario en Galicia
. 

Tamén, o alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.

Requisitos de participación:

a.- Ter rematados os estudos de bacharelato no curso actual 2012/13 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b.- Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño de 2012

A solicitudes suscribiranas directamente as persoas interesadas ou, se é o caso, os representantes legais dos solicitantes. 

Realización da proba para obter o premio:

A proba se desenvolverá en dúas partes. No seguinte enlace terás acceso á orde onde se publica a convocatoria dos premios, e poderás informarte entre outras cousas sobre a realización da proba : PREMIOS EXTRAORDINARIOSDE BACHARELATO-ORDE

Inscrición e xestión da solicitude:
Para máis información sobre a presentación da solicitude pódese acceder á aplicación informática que xestiona os premios no seguinte enlace cando estea operativa: PREMIOS BACHARELATO SOLICITUDES

No hay comentarios:

Publicar un comentario