miércoles, 29 de mayo de 2019

FP DUAL

  
    A FP DUAL é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

   No seguinte enlace tes acceso a un folleto para ampliar información sobre as características desta modalidade de FP: 

    Tamén podes informarte sobre esta modalidade de formación profesional na WEB da Consellería de Educación:    FP DUAL 

Oferta de FP dual en Vigo
    No concello de Vigo existe unha variada oferta de ciclos de grao medio e superior de distintas familias en FP dual.
            

jueves, 16 de mayo de 2019

INSTRUCIÓNS E NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ABAU 2019 (CiUG) - NERTA (Aplicación xestión acceso universidade)

     A Comisión interuniversitaria de Galicia enviou aos centros educativos un documento coas intrucións e normas que debe observar o alumnado que se presente ás probas de avaliación de bacharelato en 2019.

    Estas instrucións se refiren a:

        .- PRESENTACIÓN DO ALUMNADO AOS EXAMES
        .- ERROS NA MATRÍCULA DA ABAU
        .- REALIZACIÓN DOS EXAMES
        .- ANONIMATO
        .- CADERNO DE EXAMES
        .- MATERIAL ESPECÍFICO PERMITIDO
        .- MATERIAL NON PERMITIDO
        .- COPIA E SANCIÓNS

     A continuación tedes o enlace para descargar o documento completo coas instrucións:



     A continuación tedes tamén un enlace para descargar as instrucións da aplicación NERTA para a xestión de acceso ao Sistema Universitario de Galicia:



miércoles, 15 de mayo de 2019

ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2019/20 A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA, CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS, DESEÑO E MÚSICA

     
    A Consellería de Educación publicou no Diario Oficial de Galicia do día 13 de maio de 2019 varias resolucións nas que se ditan as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2019/20.

   Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.  Estas ensinanzas forman parte das Ensinanzas de Réxime Especial. A continuación tedes o enlace ás mesmas dentro da WEB de educación da Xunta:  ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
   .- ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA VIGO
    .- ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS PONTEVEDRA
    .- ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO
    .- ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA

    A continuación están recollidas as instruccións para a inscripción e realización das probas en cada caso.
 
2019/20
Requisitos de acceso
Ver as instrucións primeira, segunda, terceira da resolución de acceso e admisión do 29 de abril

Prazo de inscrición para realizar a proba específica
Do 13 de maio ao 7 de xuño de 2019, ambos incluídos. 

Lugar de inscrición
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo. 

Data e lugar de realización da proba:
As probas específicas comezarán o día 1 de xullo de 2019 na sede da Escola Superior da Escola de Arte Dramática de Galicia en Vigo de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.

Para máis información:
2019/20
Requisitos de acceso
Ver as instrucións primeira, segunda, terceira e cuarta da resolución de acceso e admisión do 29 de abril

Prazo de inscrición para realizar a proba específica
Do 13 de maio ao 7 de xuño de 2019, ambos incluídos. 

Lugar de inscrición
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Pontevedra. 

Data e lugar de realización da proba:
As probas específicas realizaranse o día 4 de xullo de 2019 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Pontevedra, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.
2019/20
Requisitos de acceso
Ver as instrucións primeira, segunda, terceira e cuarta da resolución de acceso e admisión do 29 de abril.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica
Do 13 de maio ao 7 de xuño de 2019, ambos incluídos. 

Lugar de inscrición
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.

Data e lugar de realización da proba:
As probas específicas realizaranse o día 3 de xullo de 2019 na EASD Pablo Picasso da Coruña de acordo co  horario que se establece no Anexo II da resolución na que se ditan as intrucións para estas probas. 

Para máis información:
2019/20
Requisitos de acceso
Ver as instrucións primeira, segunda, terceira da resolución de acceso e admisión do 29 de abril.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica
Do 13 de maio ao 7 de xuño de 2019, ambos incluídos.

Lugar de inscrición
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia.

Data e lugar de realización da proba:
As probas específicas darán comenzo o día 20 de xuño de 2019 en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia de acordo co establecido no anexo II da resolución pola que convocan estas probas

Para máis información:

  O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente e que cumpra 18 anos en 2019, ademais da proba específica correspondente, deberá realizar unha proba de coñecementos.
       
Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: As persoas inscritas deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na epígrafe correspondente da inscrición entre o 13 de maio e o 7 de xuño, e para a súa realización deberán presentar o día da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

    A proba de acceso realizarase o día 17 de xuño no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela conforme ao establecido no anexo I das resolucións de convocatoria das probas para acceder ás ensinanzas superiores mencionadas.

martes, 7 de mayo de 2019

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA MATRÍCULA XUÑO 2019 / CALENDARIO ABAU

    
    O seis de maio de 2019 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2019). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:  
                    CONVOCATORIA MATRÍCULA NA ABAU -  XUÑO 2019


DATAS DAS PROBAS
HORARIO DAS PROBAS ABAU


    O lugar de realización dos exames de ABAU para o alumnado do IES do Castro será na Escola de Enxeñaría das Telecomunicacións de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende (Comisión delegada 21)


     No seguinte enlace podedes consultar e descargar o cartel calendario da ABAU publicado pola CiUG con todas as datas do proceso de acceso á universidade en Galicia: realización das probas de ABAU, preinscipción para solicitar praza nas universidades galegas e matrícula nos grados se conseguides praza.

CARTEL CALENDARIO DA ABAU (proba acceso, admisión e matrícula) 2019 (CiUG)

        É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:

1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza e admisión nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.

2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou xullo, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  No caso de estar interesados en estudar fóra de Galicia, no seguinte enlace da CiUG tedes acceso aos servizos de información e preinscripción das universidades españolas.
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

AVISO: O próximo xoves 23 de maio, ás 12,30 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a ABAU 2019 e para entregar a documentación necesaria para matricularse na proba.

jueves, 2 de mayo de 2019

VII CAMPUS DE VERÁN XUVEN-CIENCIA


    Un ano máis, convócase, na súa  sétima edición o Campus de Verán XuvenCiencia en Lugo, o campamento científico da USC para cento cincuenta estudantes de ensino medio 

Datas do Campus:  do 1 ao 5 de xullo
Alumnado destinatario: Estar cursando 4º de ESO e 1º de BAC. 
Custe da matrícula:  160 €.
Prazo de preinscrición: Do venres 3 de maio ata o 12 de maio.

    Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertan durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

    A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Máis información na web (galego e castelán): www.usc.es/xuvenciencia/campus