
O martes 17 de decembro de 2019, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a
14ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O
IES do Castro xa está inscrito e como en anos anteriores asistiremos ao Salón UNITOUR cun grupo de alumnos/as de 2º de
bacharelato que se apuntarán previamente nas súas clases.
Horario de visita a UNITOUR:
A visita será pola mañá e durará aproximadamente hora e media. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.
En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR
?
En
Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades
públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e
orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e
axudalos na elección tanto de graos como de centro
universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e
constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a
oferta das institucións universitarias presentes no evento.
Máis información
No enlace
SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2019 tedes información máis concreta da xornada e o
listado de universidades que participan neste salón universitario. Este ano, como en edicións anteriores, tamén está confirmada a presencia das tres universidades públicas galegas: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago e Universidade da Coruña. Tamén estarán presentes outras universidades públicas do resto de España como a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidat Pompeu Fabra de Barcelona.
CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)
·
Centro Superior de
Hostelería de Galicia
·
Centro Universitario
de Artes TAI
·
CESUGA - Centros de
Estudios Superiores Universitarios de Galicia
·
CUNEF
·
ESADE - Business &
Law School
·
Escuela Superior de
Cine y Audiovisuales de Cataluña
·
ESIC Business &
Marketing School
·
IE University
·
IEB
·
IED Istituto Europeo
di Design
·
IESIDE - Instituto de
Educación Superior Intercontinental de la Empresa
·
ISDE GRADO S.L.
·
Les Roches Global
Hospitallity Education
·
L´IDEM Barcelona
Francia
·
Saint Louis University
Spain S.A.
·
U-tad Centro
Universitario de Tecnología y Arte Digital
·
UIC Barcelona
·
Universidad
Complutense de Madrid
·
Universidad de Deusto
·
Universidad de Navarra
·
Universidad Europea de
Madrid
·
Universidad Europea
del Atlántico
·
Universidad Europea
Miguel de Cervantes
·
Universidad Nebrija
·
Universidad Pontificia
Comillas ICAI-ICADE
·
Universidad Pontificia
de Salamanca
·
Universidade da Coruña
·
Universidade de
Santiago de Compostela
·
Universidade de Vigo
·
Universitat Pompeu
Fabra Barcelona
Esta visita
en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en
colaboración cos titores/as de 2º de Bacharelato e a vicedirección. Os pais e nais poderán asistir libremente
durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde,
de 15 a 16'30 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------
NOTA: Sería conveniente que vos informedes previamente da oferta de cada
universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en
primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para
acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana
UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as
universidades españolas.
Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.
.-
Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España CIUG
.-
Graos e titulacións universitarias en Galicia
.-
Guía de estudios superiores ¿Qué quiero estudiar? 2019/20 - La Voz de Galicia
.-
Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB
.-
Guía de universidades 2019/20: ¿Y ahora qué?
.-
Guía 2019 - Avanza en tu carrera - Guía de estudios superiores y de postgrado