viernes, 8 de enero de 2016

SELECTIVIDADE GALICIA 2016 - CALENDARIO XERAL


   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - xa enviou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2016 e do acceso (admisión e matrícula) ao curso 2016/17 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2016 E ACCESO CURSO 2016/17

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              8-9-10 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     14-15-16 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2015/16 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2015

NOTAS DE CORTE 2015/16
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU



NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE - na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.

viernes, 4 de diciembre de 2015

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (Vigo) 2015/16


    O martes 15 de decembro de 2015, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 10ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR

    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2015 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2015/16


viernes, 9 de octubre de 2015

PROGRAMA ORIENTA 2015/16


    Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA actualizado para o curso 2015/16 con información útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional para alumnado de ESO e bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato se estás na ESO ou de estudos superiores se cursas bacharelato.  

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2015-16 de Ciclos Formativos medios e superiores de Formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..
    Na columna esquerda de enlaces do blog terás o enlace permanente: 


  
                                                                                  

miércoles, 30 de septiembre de 2015

SABER ESTUDAR - GUÍA PARA AS FAMILIAS


Agora que empezamos o curso, en moitas ocasións as familias teñen dúbidas sobre como axudar aos seus fillos e fillas nos estudos e cales son as claves para acompañalos no seu traballo e aprendizaxe nesta nova etapa. Na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte se presenta esta interesante guía que pode resultar útil para orientar aos pais e nais, e tamén ao profesorado, neste proceso: SABER ESTUDIAR.

     COMO ESTUDIAR






jueves, 27 de agosto de 2015

BECAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS CURSO 2015/16 (NIVEIS NON UNIVERSITARIOS:BACHARELATO, FP...)


   Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios (bacharelato, formación profesional etc) para o curso 2015/16

Datos generales:
  • Plazo de presentación
    • Desde: 07 de agosto de 2015
    • Hasta: 30 de septiembre de 2015

Convocatoria:

   No seguinte enlace tedes toda a información sobre quen pode solicitar as becas, os requisitos xerais e académicos para acceder a elas, o tipo de becas e que inclúen entre outras cuestións: 

CONSULTA SOBRE AS BECAS 2015/16

   A solicitude pódese realizar via online rexistrándose na WEB do Ministerio de educación: 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

     Para consultar calquera sobre o tema de becas xeral, no blog tedes un enlace na columna lateral esquerda:          BECAS E AXUDAS

miércoles, 26 de agosto de 2015

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2015/16


O Ministerio de Educación e Ciencia publicou no B.O.E. do 1 de agosto de 2015 a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2015/16.

O prazo de solicitude é do 2 de agosto ao 30 de setembro de 2015.

No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar
WEB MINISTERIO: INFORMACIÓN AXUDAS NECESIDADES APOIO EDUCATIVO

Documento da convocatoria oficial das axudas: TEXTO RESOLUCIÓN DAS AXUDAS NO B.O.E

martes, 16 de junio de 2015

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 201-16

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP como a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2015/16.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.


PROCESO DE ADMISIÓN FP 2015/16


    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 17 de xuño ao 2 de xullo de 2015 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 1 ao 11 de setembro de 2015 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2015/16

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio

.- Admisión en Ciclos FP Grao Superior
.- Normativa de admisión - Regulación

OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2015/16

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2015/16


FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS
    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.