domingo, 11 de enero de 2015

SELECTIVIDADE GALICIA 2015 - CALENDARIO XERAL





















 

   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - xa enviou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2015 e do acceso (admisión e matrícula) ao curso 2015/16 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2015 E ACCESO CURSO 2015/16

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              11-12-13 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     16-17-18 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2014/15 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2014: 

NOTAS DE CORTE 2014/15
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU

NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE- na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.

jueves, 4 de diciembre de 2014

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (Vigo) 2014/15


    O martes 16 de decembro de 2014, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 9ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR


    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre ás 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2014 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

    Os alumnos/as que asistan a UNITOUR recibirán un CD coa información universitaria de máis de 80 universidades de toda España, coas notas de corte, carreiras, prazas, saídas profesionais, etc.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.

---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2014/15.

.- Guía de estudios universitarios y de postgrado 2014/15 - INFOEMPLEO

martes, 2 de diciembre de 2014

GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA


No enlaces do cadro seguinte, pódese consultar a información concreta de todas as titulacións universitarias que se imparten actualmente no Sistema Universitario de Galicia


ENLACES DIRECTOS Á INFORMACIÓN DOS GRAOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS 

Cartel da GiUG coa Oferta titulacións Galicia 2015/16



ENLACES COAS TITULACIÓNS PROPIAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA


    Estes títulos carecen dos efectos que as disposicións legais lles outorgan aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, pero tratan de responder a necesidade do mercado laboral de contar con profesionais máis específicos en determinadas ramas de coñecemento. Nalgúns casos estás titulacións propias están pendentes de seren autorizadas con carácter oficial en cursos posteriores.  As universidades galegas, ademais das titulacións oficiais, ofertan  catro títulacións propias:

Titulado Superioren Deseño Téxtil e Moda  (Pontevedra - Univ. de Vigo)




TITULACIÓN CON CONDICIÓNS ESPECIAIS DE ACCESO
 
Centro Militar da Defensa na Escola Militar de Marín

Para acceder á titulación ofertada polo Centro Universitario da Defensa de Marín (Escola Naval Militar) pode informarse nas delegacións e subdelegacións provinciais do Ministerio de Defensa. Ademais de ter aprobadas as PAU e necesario cumprir os requisitos establecidos para formar parte das Forzas Armadas e superar unhas probas específicas.

viernes, 17 de octubre de 2014

PROGRAMA ORIENTA 2014/15


ACTUALIZACIÓN PROGRAMA ORIENTA 2014/15 E ORIENTA ONLINE



      Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2014/15 con información moi útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional para alumnado de ESO e Bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato se estás na ESO ou de estudos superiores se cursas bacharelato.

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2014-15 de Ciclos Formativos medios e superiores de Formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..

    Na columna esquerda de enlaces do blog terás o enlace permanente:
                                                                                 
      Se queredes descargar o programa no voso equipo pincha AQUÍ  no antigo blog de Orientación e encontrarás o enlace para facelo.

jueves, 16 de octubre de 2014

BECAS HIGH SCHOOL - CURSO 2015/16

    Xa está aberto o prazo de inscripción das BECAS HIGH SCHOOL para o curso 2015/16 convocadas na súa VI Edición polas fundacións de Barrié e de Amancio Ortega.

.- Prazo de inscripción: do 3 de outubro ao 17 de novembro de 2014 ata as 12 horas. 

.- Requisitos básicos para solicitar as becas:

1. Dispoñer de pasaporte español.

2. Ter cumpridos os 15 anos antes do 1 de agosto de 2015.

3. Ser alumno de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensinanza en Galicia.

4. Ter mínimo 7,5 como promedio en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensinanza.

5. Ter mínimo 7 na materia de inglés en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensinanza.

6. Formulario de inscripción debidamente cumprimentado e enviado por medio da web www.becashighschool.org

Na  seguinte enlace pódese acceder a WEB das becas:

   
 Neste outro enlace dentro da WEB está toda a información específica sobre a convocatoria, para consultala ou descargala: as bases, a normativa e un formulario de inscripción.

martes, 26 de agosto de 2014

CONVOCATORIA DE BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NIVEIS NON UNIVERSITARIOS:BACHARELATO, FP...) NO CURSO 2014/15

 

Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios (bacharelato, formación profesional etc) para o curso 2014/15


O prazo para presentar as solicitudes é do 8 de agosto ao 30 de setembro de 2014.

 

No seguinte enlace tedes toda a información sobre quen pode solicitar as becas, os requisitos xerais e académicos para acceder a elas, o tipo de becas e que inclúen entre outras cuestións. 


PREGUNTAS XERAIS SOBRE BECAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NON UNIVERSITARIAS) 2014/15

 

TEXTO COMPLETO DAS BECAS - B.O.E


A solicitude pódese realizar via online no seguinte rexistrándose na WEB do Ministerio de educación:

 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

jueves, 31 de julio de 2014

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2014/15


O Ministerio de Educación e Ciencia publicou no B.O.E. do 12 de xullo de 2014 a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2014/15.

O prazo de solicitude será do 14 de xullo ao 30 de setembro de 2014.

No seguinte enlace pódese realizar a solicitude online e consultar toda a información sobre os requisitos para optar a elas e a documentación que é necesario presentar: INFORMACIÓN AXUDAS NECESIDADES APOIO EDUCATIVO

Documento da convocatoria oficial das axudas:   TEXTO RESOLUCIÓN DE AXUDAS NO B.O.E

miércoles, 18 de junio de 2014

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE PRIMARIA E E.S.O. EN GALICIA - CURSO 2014/15

    O 30 de maio pasado publicaronse no D.O.G. a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. 


 REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS AXUDAS
 
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.


2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

PRAZO DE SOLICITUDE E LUGAR DE PRESENTACIÓN

Lugar de presentación.


     As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

    As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2014/2015.

Prazo de presentación


     O prazo de presentación de instancias será o seguinte:


a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.

PRINCIPAIS NOVIDADES RESPECTO ÁS CONVOCATORIAS DE AXUDAS EN ANOS ANTERIORES

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).
Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros),

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.
 
DOCUMENTACIÓN E MÁIS INFORMACIÓN

   A  información completa sobre estas axudas (modelo de solicitude, contía das mesmas, orden do DOG....) atópase no seguinte enlace da WEB da Consellería de Educación:  AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014/15