lunes, 19 de mayo de 2014

PROGRAMA BECAS VIGO EN INGLÉS - 3ºESO


    O Concello de Vigo acaba de convocar a oferta de becas de inglés no estranxeiro para estudantes de 3º de ESO de Vigo, un programa municipal de inmersión en lingua inglesa denominado: VIGO EN INGLÉS.

    A convocatoria oferta 290 prazas neste programa de inmersión lingüísitca en inglés, 203 (70%) para centros públicos e 87 (30%) para centros privados concertados.

.- BASES DA CONVOCATORIA  (descargar documento)    
Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2013/2014.
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2014 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2014, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.
Ver nos seguintes enlaces para:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
    O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei n.º1 36202 Vigo) será do 26 de maio ao 6 de xuño de 2014, ambos inclusive.

lunes, 12 de mayo de 2014

CONVOCATORIA SELECTIVIDADE XUÑO 2014


    A CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) xa enviou aos centros o documento sobre a MATRÍCULA ANTICIPADA E ORDINARIA da Proba de Acceso á Universidade para a convocatoria de xuño 2014.

   No seguinte enlace podedes consultar ou descargar a información: CONVOCATORIA MATRÍCULA SELECTIVIDADE XUÑO 2014

    O IES do Castro, como en anos anteriores, pertence á Comisión Delegada nº 21, na Facultade de Filoloxía e Traducción de Vigo no Campus As Lagoas, s/n – Marcosende.

    A continuación tedes o horario completo dos exames de selectividade (fase xeral e específica) que se realizarán os días 11, 12 e 13 de xuño.

  

 A continuación tes o enlace co calendario xeral das PAU 2014  e do acceso ao Sistema Universitario de Galicia no curso 2014/15 que inclúe tamén as datas da convocatoria de setembro: 

jueves, 8 de mayo de 2014

CONVOCATORIA ORDINARIA DE PRAZAS ALOXAMENTO DO SERVIZO DE RESIDENCIAS DA UNVERSIDADE DE SANTIAGO




  O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar a convocatoria de aloxamento para o curso 2014-2015. 

Prazos de solicitude:

    Na convocatoria xeral, para o alumnado de nova admisión, entre eles os que queren matricularse por primeira vez en calquera grao da Universidade procedentes do bacharelato ou dos ciclos superiores da FP, as datas son:   do 1 ao 25 de xuño de 2014.

    A continuación podedes descargar ou consultar a convocatoria na que se especifica todo o proceso de admisión cos requisitos necesarios para optar ás prazas de residencia e a documentación que se deberá entregar:
                
                       * Convocatoria xeral residencias de Santiago (galego)

                       * Convocatoria general residencias de Santiago (castellano)


    Para acceder directamente a WEB do SUR (Sistema Universitario de Residencias) da Universidade de Santiago preme no seguinte enlace: SISTEMA DE RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS (SUR)

    No seguinte enlace tes acceso directo aos FOLLETOS INFORMATIVOS sobre as residencias universitarias do SUR.

miércoles, 7 de mayo de 2014

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCAS dA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2014-15

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra
   
    Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) ou na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

    Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala o descargala: convocatoria, descrición e solicitude das probas, calendario e lugar das probas... PROBAS DE APTITUDE FÍSICA UNIVERSIDADE DE VIGO 2014

- Presentación de solicitudes ata do 7 de abril ao 15 de maio.
- Realización das probas físicas o 17 de xuño.

    Nunha entrada anterior deste mesmo blog do día 24/3/2013 tamén tedes información sobre a convocatoria para realizar as probas de aptitude física para o Grao de Actividades Físicas e do Deporte do INEF da Coruña: PROBAS INEF CORUÑA 2014 

NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador. 

martes, 6 de mayo de 2014

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2014/15

    A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2014/15.
    O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior.  A continuación están recollidas as instruccións para a incrpición e realización das probas para o acceso a estes estudos no curso 2014/15.
    
 

Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 7 de maio ao 13 de xuño de 2014 na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo. 

As probas específicas comezarán o día 26 de xuño conforme ao calendario que se estableza na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo




Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 7 de maio ao 12 de xuño de 2014 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra

As probas específicas comezarán o día 26 de xuño conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 7 de maio ao 6 de xuño de 2014 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño de 2014 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
 
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 7 de maio ao 6 de xuño de 2014 na secretaría dos Consevatorios Superiores de Música.

As probas específicas comezarán o día 25 de xuño conforme ao calendario que se estableza a comisión de acceso dos Conservatorios Superiores de Música que organizarán a distribución horaria e os espazos de actuación de cada tribunal.


    O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que faga 19 anos en 2014, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
   
    Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 7 de maio ao 29 de maio de 2014 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.

    A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

* Resolución DOG coas instruccións para a inscrición e realización da proba 

miércoles, 30 de abril de 2014

BECAS E AXUDAS - NOVO ENLACE

    A partir deste momento na seguinte páxina deste blog estará centralizada a información xeral sobre becas e axudas para diversos niveis educativos.  Independientemente das convocatorias concretas e específicas que se irán publicando a medida que saian publicadas, nesta páxina se pode consultar a normativa xeral e acceder ao enlace para seguir o estado e tramitación das becas e axudas solicitadas.

    Tamén haberá un enlace permanente na columna esquerda de enlaces do blog:


martes, 22 de abril de 2014

CAMPUS DE PROFUNDIZACIÓN CIENTÍFICA PARA ALUMNADO 4º ESO


    No B.O.E. do 16 de abril de 2014 sae publicada a convocatoria de 80 axudas para participar no programa "Campus de Profundización Científica para estudiantes de E.S.O." en Soria durante o mes de xullo de 2014.


LUGAR E DATA DO CAMPUS

    Este Campus de Profundización Científica se realizará no IES "Castilla" de Soria, e o alumnado elixido aloxarase na residencia "Escuela Hogar Madre de las Mercedes" en Soria.

  O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada unha, que terán lugar nas seguintes datas:

            .- 1ª quenda: Do 7 ao 17 de xullo.
            .- 2ª quenda: Do 18 ao 28 de xullo.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

    Alumnado que no curso 2013/14 estea cursando 4º ESO en centros educativos españois e que obtiveran unha nota media igual ou superior aos 8,5 puntos dos catro cursos da ESO (tres primeiros de ESO e estudos de 4º realizados ata o peche desta convocatoria).
    A axuda cubre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asitencia de monitores e manutención do alumnado que contará, asimesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus.
    O traslado dos alumnos desde os lugares de orixe ao Campus e de regreso aos seus endrezos respectivos será por conta dos alumnos.

    El plazo de presentación de solicitudes está abierto desde el 17 de abril de 2014 hasta el 30 de abril de 2014.
    Para a presentación e tramitación de solicitudes deberán realizala por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación Ciencia, e pódese acceder a ela no seguinte enlace:  TRÁMITES DA SOLICITUDE VÍA TELEMÁTICA.



martes, 1 de abril de 2014

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS)


    A Consellería de Educación publicou no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 27 marzo de 2014 a Orde pola que se convocan estas axudas para  a realización de actividades de formación en linguas estraxeiras neste ano 2014. Estas axudas están destinadas para alumnado que estean cursado ESO ou Bacharelato no curso actual en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

     A continuación tes a orde coa convocatoria completa das axudas.

REQUISITOS :

.- Poden optar a elas os alumnos e alumnas que estean cursando calquera curso de ESO ou bacharelato do instituto.
.- Deberán ter superadas todas as materias no curso pasado (2012/13).
.- Ter acadado no curso 2012/13, unha cualificación mínima de 6 tanto na ESO como no bacharelato (no caso dos alumnos de 1ºESO deberán ter un BEN de nota media no curso de 6º de Primaria).
.- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
.- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
.- Non estar dentro das prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no D.O.G.
     O prazo está aberto dende o 27 de marzo ata o 28 de abril (incluído).

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN
     As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña (internet) o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.