jueves, 9 de enero de 2014

SELECTIVIDADE GALICIA 2014 - CALENDARIO XERAL

   

    Xa chegou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2014 e de acceso (admisión e matrícula) ao curso 2014/15 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2014 E ACCESO CURSO 2014/15

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              11-12-13 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     17-18-19 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2013/14 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2014: 

NOTAS DE CORTE 2013/14

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU 2014

NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE- na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (VIGO)

http://www.unitour.es/index.htm
 
    O martes 17 de decembro de 2013, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 8ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as fundamentalmente de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR


    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre ás 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2013 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, estarán presentes a Unversidade de Vigo e a Universidade de Santiago.

    Os alumnos/as que asistan a UNITOUR recibirán un CD coa información universitaria de máis de 80 universidades de toda España, coas notas de corte, carreiras, prazas, saídas profesionais, etc.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.

---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2013.

martes, 3 de diciembre de 2013

SUPERKIDS: PROGRAMA "YO CONTROLO, PORTEGE TU IMAGEN EN LA RED"

http://www.yocontrolo.es/index.php


     YO CONTROLO, PROTEGE TU PRIVACIDAD Y PONLE FRENO AL CIBERBULLYNG - SUPERKIDS - é un proxecto integrado no Programa Daphne III, financiado pola Comisión Europea, que ten como principal obxectivo o fortalecemento dos menores contra a violencia online, por medio de módulos e-learning. Estes módulos están pensados para traballar con alumnos/as de 10 a 13 anos, e poden ser utilizados para esta tarefa por profesorado e polas familias.

     No seguinte enlace esta a guía do proxecto con diversos materiais: guía do profesorado, estudo de casos para tratar o ciberbullying e a protección da privacidade na rede e outros recursos sobre o tema.

http://www.yocontrolo.es/index.php

viernes, 29 de noviembre de 2013

PROTÉGELES - CENTRO DE SEGURIDAD EN INTERNET


PROTEGELES é unha organización de protección ao menor totalmente profesionalizada na que unha serie de expertos en seguridade e protección do menor procedentes de diversas especialidades, traballan ofrecendo "solucións" a xente nova (nenos e adolescentes), as súas familias e aos centros educativos, e sempre de maneira gratuita.

PROTEGELES é o CENTRO DE SEGUIDADE EN INTERNET para menores en España, dependente do Safer Internet Programme da COMISIÓN EUROPEA.


Unha das liñas de acción desta organización e a axuda para a sensibilización, prevención, información e intervención no acoso en internet (ciberbullying):  INTERNET SIN ACOSO: CIBERBULLYING


Outros dos aspectos que se abordan na WEB é o acoso escolar (bullying): ACOSO ESCOLAR: BULLING


jueves, 17 de octubre de 2013

ORIENTALINE 2013/14


ACTUALIZACIÓN PROGRAMA ORIENTA 2013/14 E ORIENTA ONLINE


    
    Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2013/14 actualizado con información moi útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional para alumnado de ESO e Bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato se estás na ESO ou de estudos superiores se cursas bacharelato.

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2013-14 de Ciclos Formativos medios e superiores, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..

    Na columna esqueda de enlaces do blog terás o enlace permanente:
                                                                                 
      Se queredes descargar o programa no voso equipo pincha AQUÍ e poderás facelo desde o outro blog de Orientación Académica e Vocacional do Castro.

jueves, 10 de octubre de 2013

COMIC: OS PERIGOS DE INTERNET

     O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares.



Podes descargar o comic directamente desde a páxina do Valedor do Pobo: 
  OS PERIGOS DE INTERNET: COMIC

miércoles, 28 de agosto de 2013

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO 2013/14

 
O Ministerio de Educación e Ciencia publicou no B.O.E. do 19 de agosto de 2013 a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2013/14.

O prazo de solicitude será do 20 de agosto ao 30 de setembro.

No seguinte enlace pódese realizar a solicitude online e consultar toda a información sobre os requisitos para optar a elas e a documentación que é necesario presentar: INFORMACIÓN AXUDAS NECESIDADES APOIO EDUCATIVO

Documento da convocatoria oficial das axudas:   TEXTO RESOLUCIÓN DE AXUDAS NO B.O.E

viernes, 23 de agosto de 2013

CONVOCATORIA DE BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NIVEIS NON UNIVERSITARIOS) NO CURSO 2013/14

 

Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios (inclúen o bacharelato) para o curso 2013/14


O prazo para presentar as solicitudes é do 20 de agosto ao 30 de setembro de 2013.

 

No seguinte enlace tedes toda a información sobre quen pode solicitar as becas, os requisitos xerais e académicos para acceder a elas, o tipo de becas e que inclúen entre outras cuestións. 


PREGUNTAS XERAIS SOBRE BECAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NON UNIVERSITARIAS) 2013/14

 

TEXTO COMPLETO DAS BECAS - B.O.E


A solicitude pódese realizar via online no seguinte rexistrándose na WEB do Ministerio de educación:

 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE