domingo, 13 de noviembre de 2011

miércoles, 9 de noviembre de 2011

ATLAS MUNDIAL HISTÓRICO INTERACTIVO (desde 3000 a.C)


Neste enlace se explican as características deste atlas interactivo, como configurar períodos ou épocas históricas e todas as posibilidades que ofrece como ferramenta complementaria para a materia de ciencias sociais e xeografía e historia.

O atlas GeaCron é idea do historiador español Luis Múzquiz. Permite revisar as fronteiras dos países ata 5000 anos atrás. Desde o 3000 a.C. podemos consultar a evolución mundial dos límites fronteirizos das civilizaciones. Ademais, pódense insertar ata dez datas que permiten xenerar un mapa cunha liña do tempo. Esta primeira versión de GeaCron contén unha secuencia de mapas que cubren a historia política desde o ano 3000 a.C. Os mapas mostran a situación histórica do mundo ao principio de cada ano; por tanto, os cambios que se produzan no ano actual quedarán reflectidos nos mapas de 2012.

A continuación tedes o enlace para este recurso: ATLAS HISTÓRICO INTERACTIVO

A continuación poño a vosa disposición un enlace no que se explica como utilizar esta ferramenta no eido educativo:

viernes, 28 de octubre de 2011

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO E CLUB DE LECTURA

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO


CLUB DE LECTURA

Neste curso, desde a área de dinamización da convivencia coordinada por Mª Lourdes García Vázquez e orientación, propoñemos desenvolver unha iniciativa que se concreta na creación dun club de lecturas pedagóxicas para o profesorado. Esta proposta intenta fomentar a reflexión sobre a práctica docente e proporcionar un espazo e un tempo para compartir o pracer pola lectura e intercambiar puntos de vista sobre a nosa profesión.

Ademais ponse a disposición de todos e todas na sala de profesorado un recuncho -a biblioteca do profesorado- con libros e material bibliográfico seleccionado.

Trátase de ler un ensaio, unha novela ou ver unha película e comentar o impacto que nos provoca, reflexións e sentimentos, e o que pode aportar a nosa actividade docente. Na práctica diaria tendemos a traballar de forma illada, a comunicarnos menos e este club quere ser unha oportunidade para fomentar o traballo colaborativo e para dotarnos dun espazo de encontro.

Neste momento algúns dos profesores e profesoras interesados en formar parte desta experiencia estamos apuntados no curso de formación de profesorado, coordinado polo noso compañeiro Xurxo Domonte Pereiro, que se está a desenvolver no centro sobre pedagoxía sistémica. Dentro das actividades previstas está programada a lectura dun libro sobre a temática concreta do curso. Así que esperaremos a volta do Nadal para propoñer a primeira lectura aberta a todo o profesorado que queira participar nesta experiencia.

domingo, 23 de octubre de 2011

RECURSOS DE LINGUA GALEGA

Aquí e na miña lista de blogs (columna da dereita) tedes acceso ao blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES do Castro coordinado polo profesor de Lingua Galega, Xoan Xosé Sande. O blog ofrece unha serie completa de recursos e enlaces para mellorar a competencia en lingua galega.

martes, 18 de octubre de 2011

THAT QUIZ - EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS E OUTRAS MATERIAS

THAT QUIZ é una páxina WEB que está deseñada e pensada fundamentalmente para realizar exercicios de matemáticas, pero tamén permite facer exercicios de idiomas ou xeografía.


domingo, 16 de octubre de 2011

SOBREDOTACIÓN INTELECTUAL - ENLACES E RECURSOS

A continuación se relacionan diferentes enlaces con documentos e recursos sobre alumnado con altas capacidades.

.- Documento da Consellería de Educación sobre alumnado con sobredotación intelectual da colección “orientacións e respostas educativas”


.- Documento dos Equipos de Orientación Específicos de Galicia. Esta información está na súa páxina WEB.


.- Páxina do MEC (Ministerio de Educación y Ciencia) de atención a la diversidad: sobredotación intelectual.

.- Guía para la atención educativa al alumnado con sobredotación intelectual de la Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.

.- Páxina oficial de MENSA España.

.- Páxina WEB de eMS: El mundo del superdotado.

viernes, 14 de octubre de 2011

CONVIVENCIA ESCOLAR - PORTAL DA CONSELLERÍA

A páxina WEB da Consellería de Educación dispón dun espazo específico dedicado á CONVIVENCIA ESCOLAR, que ten como obxectivo ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz.

Convivencia



Ademais das referencias lexislativas sobre o tema conta con dous documentos que foron utlizados polos centros como base para elaborar os seus Plans de Convivencia respectivos:
No portal de convivencia tamén podemos atopar diversos recursos e materiais didácticos para traballar nas aulas e titorías ademais de múltiples ligazóns a portais institucionais e a outros portais de convivencia.

ORTOGRAFÍA LINGUA ESPAÑOLA - EXERCICIOS

No seguinte enlace tes a posibilidade de traballar e mellorar a túa ortografía en lingua española.

As actividades están actualizadas segundo as novas normas da "Real Academia de Lengua Española".