viernes, 28 de octubre de 2011

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO E CLUB DE LECTURA

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO


CLUB DE LECTURA

Neste curso, desde a área de dinamización da convivencia coordinada por Mª Lourdes García Vázquez e orientación, propoñemos desenvolver unha iniciativa que se concreta na creación dun club de lecturas pedagóxicas para o profesorado. Esta proposta intenta fomentar a reflexión sobre a práctica docente e proporcionar un espazo e un tempo para compartir o pracer pola lectura e intercambiar puntos de vista sobre a nosa profesión.

Ademais ponse a disposición de todos e todas na sala de profesorado un recuncho -a biblioteca do profesorado- con libros e material bibliográfico seleccionado.

Trátase de ler un ensaio, unha novela ou ver unha película e comentar o impacto que nos provoca, reflexións e sentimentos, e o que pode aportar a nosa actividade docente. Na práctica diaria tendemos a traballar de forma illada, a comunicarnos menos e este club quere ser unha oportunidade para fomentar o traballo colaborativo e para dotarnos dun espazo de encontro.

Neste momento algúns dos profesores e profesoras interesados en formar parte desta experiencia estamos apuntados no curso de formación de profesorado, coordinado polo noso compañeiro Xurxo Domonte Pereiro, que se está a desenvolver no centro sobre pedagoxía sistémica. Dentro das actividades previstas está programada a lectura dun libro sobre a temática concreta do curso. Así que esperaremos a volta do Nadal para propoñer a primeira lectura aberta a todo o profesorado que queira participar nesta experiencia.

domingo, 23 de octubre de 2011

RECURSOS DE LINGUA GALEGA

Aquí e na miña lista de blogs (columna da dereita) tedes acceso ao blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES do Castro coordinado polo profesor de Lingua Galega, Xoan Xosé Sande. O blog ofrece unha serie completa de recursos e enlaces para mellorar a competencia en lingua galega.

martes, 18 de octubre de 2011

THAT QUIZ - EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS E OUTRAS MATERIAS

THAT QUIZ é una páxina WEB que está deseñada e pensada fundamentalmente para realizar exercicios de matemáticas, pero tamén permite facer exercicios de idiomas ou xeografía.


domingo, 16 de octubre de 2011

SOBREDOTACIÓN INTELECTUAL - ENLACES E RECURSOS

A continuación se relacionan diferentes enlaces con documentos e recursos sobre alumnado con altas capacidades.

.- Documento da Consellería de Educación sobre alumnado con sobredotación intelectual da colección “orientacións e respostas educativas”


.- Documento dos Equipos de Orientación Específicos de Galicia. Esta información está na súa páxina WEB.


.- Páxina do MEC (Ministerio de Educación y Ciencia) de atención a la diversidad: sobredotación intelectual.

.- Guía para la atención educativa al alumnado con sobredotación intelectual de la Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.

.- Páxina oficial de MENSA España.

.- Páxina WEB de eMS: El mundo del superdotado.

viernes, 14 de octubre de 2011

CONVIVENCIA ESCOLAR - PORTAL DA CONSELLERÍA

A páxina WEB da Consellería de Educación dispón dun espazo específico dedicado á CONVIVENCIA ESCOLAR, que ten como obxectivo ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz.

Convivencia



Ademais das referencias lexislativas sobre o tema conta con dous documentos que foron utlizados polos centros como base para elaborar os seus Plans de Convivencia respectivos:
No portal de convivencia tamén podemos atopar diversos recursos e materiais didácticos para traballar nas aulas e titorías ademais de múltiples ligazóns a portais institucionais e a outros portais de convivencia.

ORTOGRAFÍA LINGUA ESPAÑOLA - EXERCICIOS

No seguinte enlace tes a posibilidade de traballar e mellorar a túa ortografía en lingua española.

As actividades están actualizadas segundo as novas normas da "Real Academia de Lengua Española".

TÉCNICAS DE ESTUDO E CUESTIONARIO

Neste enlace sobre técnicas de estudo de Arturo Ramo García, podes encontrar:

* Un cuestionario con 70 preguntas ou items para avaliar 8 aspectos das técnicas de estudo.

* Información e asesoramento sobre diversos temas referidos ao estudo.

* Orientacións prácticas sobre o estudo de diversas materias.


Tamén podes descargar o material.

miércoles, 12 de octubre de 2011

ANSIEDADE ANTE OS EXAMES

Un dos problemas aos que se enfrentan algúns alumnos e alumnas é a ansiedade ante os exames.

No seguinte enlace tedes a posiblidade de realizar un PROGRAMA AUTOAPLICADO PARA O CONTROL DA ANSIEDADE ANTE OS EXAMES. (Premer tamén na imaxe)



O programa, que se pode realizar on-line ou descargar, foi elaborado polo "Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de Almería".