lunes, 23 de febrero de 2015

PROBAS ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP - 2015

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2015

     Na WEB da Cosellería de Educación está o enlace da Orde do 17 de febreiro de 2015 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro de 2015.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2015



__________________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2015 ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 29 de abril de 2015 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

___________________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 7 ao 20 de abril ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 3 de xuño de 2015 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).

-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 
____________________________________________________________

Para obter MÁIS INFORMACIÓN sobre as probas preme sobre:   

 

EDUGAL - IV Salón de oferta de educación e formación en Galicia

 EDUGAL 2015

    Os días 25, 26 e 27 de febreiro de 2015 celebrarase a cuarta edición de EDUGAL no Recinto Feiral de Pontevedra.  O horario en que permanecerá aberto é de 10 a 13,30 horas e de 16 a 19,30 horas durante os tres días.

   Este Salón, de entrada gratuita, está dirixido ao público en xeral e o perfil do visitante que pode estar interesado é o alumnado (fundamentalmente de 4º ESO, bacharelato e formación profesional nos seus diferentes niveis), familias, profesionais do ensino e centros educativos.

    Os obxectivos de EDUGAL según a WEB do evento son os seguintes:

  • Informar y asesorar al alumnado sobre las múltiples posibilidades y la variada oferta educativa existente en el sistema.
  • Facilitar la transición del instituto a la universidad a través de una primera toma de contacto con los centros.
  • Animar al alumnado a continuar su formación educativa de una manera dinámica e interactiva.
  • Ofertar la feria a centros de enseñanza de segundo de bachiller y ciclos formativos.
  • Ofrecer una oportunidad de reclutamiento de alumnado por parte de las instituciones y entidades educativas.
  • Informar sobre la oferta formativa y facilitar la movilidad de los estudiantes en la eurorregión Galicia – Norte de Portugal.
  • Dar a conocer las nuevas tecnologías en materia educativa: e-Learning.
  • Informar y asesorar a todas las personas que se incorporan al mundo laboral


    Para máis información e descargarse unha invitación gratuita podedes acceder a WEB do salón EDUGAL no seguinte enlace:

domingo, 11 de enero de 2015

SELECTIVIDADE GALICIA 2015 - CALENDARIO XERAL





















 

   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - xa enviou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2015 e do acceso (admisión e matrícula) ao curso 2015/16 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2015 E ACCESO CURSO 2015/16

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              11-12-13 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     16-17-18 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2014/15 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2014

NOTAS DE CORTE 2014/15
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU

NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE- na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.

jueves, 4 de diciembre de 2014

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (Vigo) 2014/15


    O martes 16 de decembro de 2014, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 9ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR


    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre ás 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2014 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

    Os alumnos/as que asistan a UNITOUR recibirán un CD coa información universitaria de máis de 80 universidades de toda España, coas notas de corte, carreiras, prazas, saídas profesionais, etc.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.

---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2014/15.

.- Guía de estudios universitarios y de postgrado 2014/15 - INFOEMPLEO

martes, 2 de diciembre de 2014

GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA


No enlaces do cadro seguinte, pódese consultar a información concreta de todas as titulacións universitarias que se imparten actualmente no Sistema Universitario de Galicia


ENLACES DIRECTOS Á INFORMACIÓN DOS GRAOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS 

Cartel da GiUG coa Oferta titulacións Galicia 2015/16



ENLACES COAS TITULACIÓNS PROPIAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA


    Estes títulos carecen dos efectos que as disposicións legais lles outorgan aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, pero tratan de responder a necesidade do mercado laboral de contar con profesionais máis específicos en determinadas ramas de coñecemento. Nalgúns casos estás titulacións propias están pendentes de seren autorizadas con carácter oficial en cursos posteriores.  As universidades galegas, ademais das titulacións oficiais, ofertan  catro títulacións propias:

Titulado Superioren Deseño Téxtil e Moda  (Pontevedra - Univ. de Vigo)




TITULACIÓN CON CONDICIÓNS ESPECIAIS DE ACCESO
 
Centro Militar da Defensa na Escola Militar de Marín

Para acceder á titulación ofertada polo Centro Universitario da Defensa de Marín (Escola Naval Militar) pode informarse nas delegacións e subdelegacións provinciais do Ministerio de Defensa. Ademais de ter aprobadas as PAU e necesario cumprir os requisitos establecidos para formar parte das Forzas Armadas e superar unhas probas específicas.

viernes, 17 de octubre de 2014

PROGRAMA ORIENTA 2014/15


ACTUALIZACIÓN PROGRAMA ORIENTA 2014/15 E ORIENTA ONLINE



      Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2014/15 con información moi útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional para alumnado de ESO e Bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato se estás na ESO ou de estudos superiores se cursas bacharelato.

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2014-15 de Ciclos Formativos medios e superiores de Formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..

    Na columna esquerda de enlaces do blog terás o enlace permanente:
                                                                                 
      Se queredes descargar o programa no voso equipo pincha AQUÍ  no antigo blog de Orientación e encontrarás o enlace para facelo.

jueves, 16 de octubre de 2014

BECAS HIGH SCHOOL - CURSO 2015/16

    Xa está aberto o prazo de inscripción das BECAS HIGH SCHOOL para o curso 2015/16 convocadas na súa VI Edición polas fundacións de Barrié e de Amancio Ortega.

.- Prazo de inscripción: do 3 de outubro ao 17 de novembro de 2014 ata as 12 horas. 

.- Requisitos básicos para solicitar as becas:

1. Dispoñer de pasaporte español.

2. Ter cumpridos os 15 anos antes do 1 de agosto de 2015.

3. Ser alumno de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nun Centro de Ensinanza en Galicia.

4. Ter mínimo 7,5 como promedio en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensinanza.

5. Ter mínimo 7 na materia de inglés en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensinanza.

6. Formulario de inscripción debidamente cumprimentado e enviado por medio da web www.becashighschool.org

Na  seguinte enlace pódese acceder a WEB das becas:

   
 Neste outro enlace dentro da WEB está toda a información específica sobre a convocatoria, para consultala ou descargala: as bases, a normativa e un formulario de inscripción.

martes, 26 de agosto de 2014

CONVOCATORIA DE BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NIVEIS NON UNIVERSITARIOS:BACHARELATO, FP...) NO CURSO 2014/15

 

Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios (bacharelato, formación profesional etc) para o curso 2014/15


O prazo para presentar as solicitudes é do 8 de agosto ao 30 de setembro de 2014.

 

No seguinte enlace tedes toda a información sobre quen pode solicitar as becas, os requisitos xerais e académicos para acceder a elas, o tipo de becas e que inclúen entre outras cuestións. 


PREGUNTAS XERAIS SOBRE BECAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (NON UNIVERSITARIAS) 2014/15

 

TEXTO COMPLETO DAS BECAS - B.O.E


A solicitude pódese realizar via online no seguinte rexistrándose na WEB do Ministerio de educación:

 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE