sábado, 9 de febrero de 2013

¿COMO EDUCAR LAS EMOCIONES?

¿Como educar las emociones? La inteligencia emocional en la infancia y la adolescencia

Trátase dun libro de 132 páxinas, patrocinado pola Fundación Faros do Hospital Sant Joan de Déu, no que participaron:   Eduard Punset, Linda Lantieri, Francisco Mora, Juan Carlos Pérez-González, Esther García Navarro, Èlia López-Cassà, Madhavi Nambiar, Pilar Aguilera, Nieves Segovia, Octavi Planells i Rafael Bisquerra (Coordinador).  

No seguiente enlace coa WEB da fundación tedes unha reseña sobre o libro, as súas características e os seus obxectivos, e tamén se pode descargar gratuitamente:  www.faroshsjd.net

Para descargalo directamente pulsade aquí en documento orixinal

viernes, 8 de febrero de 2013

EXPLÍCAME QUE HA PASADO

"EXPLÍCAME QUÉ HA PASADO" é unha guía gratuita editada pola fundación FMLC que contén unha serie de consellos sobre cómo falar cos nenos, a diversas idades desde a primeira infancia á adolescencia, da morte dun familiar ou dunha persoa querida.  Os expertos afirman que hai que contarlles sempre a verdade pero adaptándoa ao ritmo emocional do neno.

No enlace seguinte podemos visualizar o descargar a Guía Explícame qué ha pasado.


No seguinte documento temos una entrevista a Loreto Cid, autora da guía, en Radio Euskadi.


martes, 22 de enero de 2013

PROBAS ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP - 2013

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2013


No D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 21 xaneiro de 2013 saiu a convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Descargar a CONVOCATORIA COMPLETA D.O.G.  


CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro ambos os dous incluidos.  

* Data de realización da proba: o 30 de marzo no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 25 de febreiro ao 8 de marzo ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 23 de maio no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Para obter máis información sobre as probas preme sobre:   

 

jueves, 17 de enero de 2013

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO - FOLLETOS INFORMATIVOS



ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA
ARTES E HUMANIDADES
CIENCIAS
CIENCIAS DA SAÚDE
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

jueves, 19 de abril de 2012

¿POR QUÉ NO HACEMOS ALGO DIFERENTE ESTE FINDE?

Este é o titulo duha curtametraxe que forma parte da nova liña de comunicación da FAD (Fundación de Ayuda contra la Drogadicción) dirixida aos usuarios máis xoves das redes sociais. Con este obxectivo elaboraron o primeiro dunha serie de vídeos de animación que pretenden fomentar a reflexión arredor do consumo de alcol e as súas consecuencias. ¿Por qué no hacemos algo diferente? es el eslogan elegido para la primera pieza.

A continuación tedes o vídeo da curtametraxe da campaña.




Para máis información sobre o tema podedes consultar e entrar na WEB da FAD:


jueves, 2 de febrero de 2012

NACER AO FINAL DE ANO INFLÚE NAS NOTAS

No diario EL PAÍS publicouse un artigo con data do 31 de decembro de 2011 no que se reflexiona sobre a incidencia dun maior fracaso escolar naqueles alumnos e alumnas que naceron no último trimestre do ano.

O problema según argumentan os especialistas é que España ten en conta para a escolarización desde que se entra en primaria a idade cronolóxica e non a evolutiva.

A continuación tedes un enlace para poder acceder ao documento completo que me parece moi interesante para enfocar a situación académica de determinados alumnos en función desta circunstancia.


domingo, 13 de noviembre de 2011

miércoles, 9 de noviembre de 2011

ATLAS MUNDIAL HISTÓRICO INTERACTIVO (desde 3000 a.C)


Neste enlace se explican as características deste atlas interactivo, como configurar períodos ou épocas históricas e todas as posibilidades que ofrece como ferramenta complementaria para a materia de ciencias sociais e xeografía e historia.

O atlas GeaCron é idea do historiador español Luis Múzquiz. Permite revisar as fronteiras dos países ata 5000 anos atrás. Desde o 3000 a.C. podemos consultar a evolución mundial dos límites fronteirizos das civilizaciones. Ademais, pódense insertar ata dez datas que permiten xenerar un mapa cunha liña do tempo. Esta primeira versión de GeaCron contén unha secuencia de mapas que cubren a historia política desde o ano 3000 a.C. Os mapas mostran a situación histórica do mundo ao principio de cada ano; por tanto, os cambios que se produzan no ano actual quedarán reflectidos nos mapas de 2012.

A continuación tedes o enlace para este recurso: ATLAS HISTÓRICO INTERACTIVO

A continuación poño a vosa disposición un enlace no que se explica como utilizar esta ferramenta no eido educativo: