lunes, 24 de junio de 2019

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2019-20

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa está publicado o calendario de admisión en FP e, tamén, a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2019/20.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2019/20

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 24 de xuño ao 2 de xullo de 2019 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 2 ao 10 de setembro de 2019 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2019/20
        

.- Información xeral de admisión FP 2019/20 (WEB Consellería de Educación)

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio

        - Convocatoria 2019-20 - Grao Medio

.- Admisión en Ciclos de Grao Superior
        - Convocatoria 2019-20 - Grao Superior

.- Normativa de admisión - Regulación



OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2019/20

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2019/20 


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2019/20 

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.

viernes, 14 de junio de 2019

ABAU - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA MATRÍCULA XULLO 2019

   O trece de xuño de 2019 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria extraordinaria de xullo 2019). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:  

                    CONVOCATORIA MATRÍCULA NA ABAU -  XULLO 2019




jueves, 13 de junio de 2019

UVIGO - XORNADA PORTAS ABERTAS - Xuño 2019



    Na vindeira semana terán lugar as “XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA” (XOU) Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. As datas nas que se celebrarán son: 
      - O 18 de xuño no Campus de Ourense.
      - O 19 de xuño no Campus de Pontevedra 
      - O 20 de xuño no Campus de Vigo

      Os tres eventos están abertos a colectivos interesados, como poden ser: alumnos de ESO, bacharelato, ciclos formativos, persoal dos centros educativos, ampas, pais e nais de alumnos, etc. Neste enlace tedes o folleto con códigos QR a través dos cales poden acceder ao detalle de cada evento.
  
A continuación tedes o programa do campus de Vigo:

PROGRAMA:
11:00 h Charla xeral sobre preinscrición, matrícula e oferta formativa da Universidade de Vigo.
Onde? Sala 1 Edificio Miralles. Campus de Vigo.

11:30 h Charla sobre os servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo.
Onde? Sala 1 Edificio Miralles. Campus de Vigo. 12:00 h Inicio da visita guiada.

14:00 h Fin da XOU Portas Abertas

Tras as charlas informativas formaranse grupos entre as persoas que asistan, en función dos seus intereses, para realizar as visitas guiadas aos diferentes centros da Universidade de Vigo situados no Campus das Lagoas-Marcosende.

As persoas que decidan visitar o Campus Cidade, situado na rúa Conde de Torrecedeira 105 e 86, poderán dirixirse á secretaría dos centros en horario de 10:00 a 14:00 h e coñecer as instalacións tras informar aopersoal de administración de que acceden no marco da actividade de XOU Portas Abertas Vigo.