A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da selectividade (PAU) de xuño 2015 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos das universidades galegas. Tamén están recollidas as instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.
ACCESO Á UNIVERSIDADE
É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:
1.- En primeiro lugar está a matrícula e a realización da PAU (Proba de Acceso á Universidade), que é a selectividade propiamente dita, necesaria para solicitar posteriormente praza e, una vez admitido o alumno/a, matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
2.- Unha vez aprobada a selectividade, na convocatoria de xuño ou setembro, está o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.
ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES DE F.P.
Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional. Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas. Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo. Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.

=======================================
A continuación tedes o documento resumo coas datas máis importantes do proceso de selectividade de xuño 2015, e tamén sobre os procesos de admisión e matrícula nas titulacións do sistema universitario galego. Tamén podedes encontrar unha serie de instuccións e consellos sobre a selectividade. Podedes descargar o documento completo no seguinte enlace: DATAS, INTRUCIÓNS E CONSELLOS SELECTIVIDADE 2015
Antes
da proba:
.-
O día antes da proba o mellor que podes facer é desconectar
realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine,
facer deporte ou pasear...).
.-
Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a habitual) para
chegar á proba descansado/a.
.-
O día anterior deixa lista e preparada a documentación e o material
necesario para realizar o exame.
.-
Planifica a preparación da selectividade con tempo e non intentes
estudar apresuradamente no último momento.
.-
Procura chegar ao lugar do exame con certa antelación. Deberás ser
puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea a túa vontade,
segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante
a proba:
.-
Le sen presas as dúas probas que che propoñen en cada exame e
avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que
aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios
de opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.-
Le ben as instrucións que vos dan para realizar as probas.
.-
Le ben as preguntas ou demandas para comprender exactamente o que che
piden.
.-
É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas e cuestións
que mellor sabes.
.-
Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as presentes. Ademais
de vixiar están tamén para axudarte.
.-
Vixía as expresións e procura que sexan claras e coherentes cando
respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as ideas e
conceptos que queres explicar.
.-
Procura escribir con letra clara e lexible para o examinador e pon
atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.-
Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode levar cada
exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para
repasar as túas respostas.
.-
Se non te chega o tempo para realizar algún exercicio, deixa anotado
un esquema para que o examinador comprobe que a sabías.
WEBS
E ENLACES DE CONSULTA:
*
Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
*
Calendario oficial PAU 2015:
*
Convocatoria matrícula selectividade xuño 2015:
Para
ampliar a información podedes consultar as últimas entradas
publicadas no blog de orientación do Castro referidas á
selectividade: http://orientacastro.blogspot.com.es
(etiquetas: selectividade e universidade)
|