O 31 de maio pasado publicaronse no D.O.G. a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14.
REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS AXUDAS
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación
especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma
de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste
ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación
primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase
material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de
beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria
obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000
euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en
conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
PRAZO DE SOLICITUDE E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Lugar de presentación.
As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna,
de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados
nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha
solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou
representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se
concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar
escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no
curso escolar 2013/2014.
Prazo de presentación.
O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se
produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados,
sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con
anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade
Autónoma de Galicia, o prazo será de un mes e contarase a partir do día
seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para
presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data
límite o 31 de marzo de 2014.
A información completa sobre estas axudas (modelo de solicitude, contía das mesmas, orden do DOG....) atópase no seguinte enlace da WEB da Consellería de Educación:
AXUDAS LIBROS E MATERIAL 2013/14