jueves, 2 de abril de 2020

INFORMACIÓN E AUTORIENTACIÓN UNIVERSIDADE EN GALICIA: VIGO, SANTIAGO E CORUÑA

    A Semana Santa pode ser un bo momento para tomar un pequeno respiro no traballo académico nesta situación excepcional que estamos vivindo e sacar tempo para dedicalo na busca de información e autoorientarnos a través dos canles adecuados.  Para empezar, e aproveitando que a Universidade de Santiago organizará nos proximos días uns encontros virtuais, podedes "dar unha volta" virtual pola oferta das nosas tres universidades. A continuación deixo os enlaces necesarios.

    Recordade que ao longo destes días publicaremos no blog  máis información sobre diversos temas de orientación académica, fundamentalmente da ABAU,  universidade e formación profesional.

    A Universidade de Santiago organizará durante a Semana Santa ENCONTROS VIRTUAIS para todo o alumnado interesado, para as familias e o resto da sociedade.
      A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os ?Encontros Virtuais? orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

      Os ?Encontros Virtuais? da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

       Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección                           

       A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o    Presentacións das titulacións
o    Obradoiros, Retos, etc.
o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o    Pílulas relacionadas coa titulación
o    Concursos
o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación





 QUE ESTUDAR NA UNIVERSIDADE DE VIGO


A oferta formativa da Universidade de Vigo é ampla. Novos graos, mestrados e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias...
No menú desta sección poderás acceder á información sobre os estudos de grao, mestrado, doutoramento e o noso Programa universitario de maiores.
A Universidade de Vigo tamén oferta dúas titulacións enmarcadas dentro do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (Ultreia 2020) que son o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e o Grao en Enxeñaría  en Tecnoloxías Industriais.
Para facilitar a busca de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo, poñemos á vosa disposición unha guía académica que permite consultar a oferta de materias por curso, cuadrimestre, idioma e facultade ou escola.

Se te achegas á universidade por primeira vez e dubidas sobre que titulación escoller, pode que atopes útil a consulta do apartado orientámoste ou todos estesvídeos sobre cada un dos graos que se ofertan e a opinión do alumnado sobre eles.












SERVIZOS DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO PARA NOVOS ESTUDANTES DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA
Universidade de Vigo
SIE: Servizo de información, orientación e promoción do estudante

Universidade de Santiago de Compostela


Universidade da Coruña
SAPE: Servizo de asesoramento e promoción do estudante

No hay comentarios:

Publicar un comentario