martes, 7 de mayo de 2019

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA MATRÍCULA XUÑO 2019 / CALENDARIO ABAU

    
    O seis de maio de 2019 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2019). A continuación tedes o enlace co documento completo da convocatoria:  
                    CONVOCATORIA MATRÍCULA NA ABAU -  XUÑO 2019


DATAS DAS PROBAS
HORARIO DAS PROBAS ABAU


    O lugar de realización dos exames de ABAU para o alumnado do IES do Castro será na Escola de Enxeñaría das Telecomunicacións de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende (Comisión delegada 21)


     No seguinte enlace podedes consultar e descargar o cartel calendario da ABAU publicado pola CiUG con todas as datas do proceso de acceso á universidade en Galicia: realización das probas de ABAU, preinscipción para solicitar praza nas universidades galegas e matrícula nos grados se conseguides praza.

CARTEL CALENDARIO DA ABAU (proba acceso, admisión e matrícula) 2019 (CiUG)

        É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:

1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza e admisión nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.

2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou xullo, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  No caso de estar interesados en estudar fóra de Galicia, no seguinte enlace da CiUG tedes acceso aos servizos de información e preinscripción das universidades españolas.
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

AVISO: O próximo xoves 23 de maio, ás 12,30 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a ABAU 2019 e para entregar a documentación necesaria para matricularse na proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario