Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.
A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña
xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a solicitude e inscribirse nas mesmas:
Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes:
* 1ª DATA: 6 de abril de 2019: prazo de inscripción nas probas do 11.02.2019 ao 10.03.2019 (ambos inclusive)
* 2ª DATA: 19 de xuño de 2019: prazo de inscripción nas probas do 15.04.2019 ao 14.05.2019 (ambos inclusive). A esta
data poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na data de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta.
A
superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para
acceder no curso 2019/20. Tamén se
conservará para os dous cursos seguintes 2020/21 e 2021/22.
* REGULAMENTO
* CONVOCATORIA
Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.
NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario