lunes, 18 de febrero de 2019

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2019-20


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes: 

* 1ª DATA: 6 de abril de 2019: prazo de inscripción nas probas do 11.02.2019 ao 10.03.2019 (ambos inclusive)  

2ª DATA: 19 de xuño de 2019: prazo de inscripción nas probas do 15.04.2019 ao 14.05.2019 (ambos inclusive). A esta data poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na data de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta. 

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2019/20. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2020/21 e 2021/22.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.

             * REGULAMENTO
             * CONVOCATORIA

Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.