Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP e a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2018/19.
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.
PROCESO DE ADMISIÓN FP 2018/19
O prazo de admisión de solicitudes será:
* Do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2018 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 3 ao 11 de setembro de 2018 ata as 13 horas en período extraordinario.
No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:
.- Calendario de admisión en FP 2018/19
.- Información xeral de admisión FP 2018/19 (WEB Consellería de Educación)
.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio e Ciclos de Grao Superior
- Instrucións xerais do proceso de admisión
- A solicitude web realizarase na ligazón: Solicitude web
OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2018/19
A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2018/19
.- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2018/19
FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS
Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.
Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.