lunes, 10 de diciembre de 2018

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA - UNITOUR 2018


    O martes 18 de decembro de 2018, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 13ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR:

    A visita será pola mañá e durará aproximadamente hora e media. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de graos como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    No enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2018 tedes información máis concreta da xornada e o listado de universidades que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia, entre outras, das tres universidades públicas galegas: Universidade de Vigo,  Universidade de Santiago e Universidade da Coruña. Tamén estarán presentes outras universidades públicas do resto de España como a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidat Pompeu Fabra de Barcelona.

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)
· Blanquerna-Universidad Ramón Llull 
· Centro Universitario Villanueva 
· CESUGA 
· CUNEF - Colegio Universitario de Estudios Financieros
· ELISAVA Escuela Univ. de Barcelona - Diseño e Ingeniería 
· Ensino Superior Artístico do Porto CESAP
· ESADE 
· ESCAC - Escuela Superior de Cine y Audiovisuales
· ESI Valladolid,  Escuela  Superior de Diseño
· ESIC Business & Marketing School
· ESNE - Escuela Univ. de Diseño, Innovación y Tecnología
· Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi 
· IE Universidad 
· IEB
· Istituto Europeo di Design
· IESIDE 
· ISDE (Instituto Superior de Derecho y Economía) 
· LCI Barcelona, Escuela Superior de Diseño
· Les Roches Marbella Int. School of Hotel Management
· Saint Louis University
· Universidad Alfonso X El Sabio
· Universidad Carlos III de Madrid 
· Universidad Complutense de Madrid 
· Universidad de Deusto
· Universidad de Navarra 
· Universidad Europea de Madrid 
· Universidad Europea del Atlántico
· Universidad Europea Miguel de Cervantes (UEMC)
· Universidad Nebrija 
· Universidad Pontificia Comillas  ICAI-ICADE
· Universidad Pontificia de Salamanca
· Universidade da Coruña
· Universidade de Santiago de Compostela
· Universidade de Vigo
· Universitat Pompeu Fabra Barcelona
· UVIC (Univ. de Vic - Univ. Central de Catalunya)

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as de 2º de Bacharelato e a vicedirección. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: Sería conveniente que vos informedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España CIUG

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Guía de universidades 2018/19: ¿Y ahora qué?

.- Guía 2018/19 de estudios superiores y de postgrado

lunes, 12 de noviembre de 2018

CONVOCATORIA E CALENDARIO ABAU 2019

    A CIUG, (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publicou na súa WEB as datas para a realización das probas da ABAU (Avaliación do bacharelato para o Acceso á Universidade). A novidade neste curso, como xa viñan anunciando, é que a convocatoria de extraordinaria setembro se traslada en 2019 ao mes de xullo. Polo tanto as datas das dúas convocatorias quedan da seguinte maneira:
     A continuación tedes o enlace ao comunicado completo da GiUG:

   Na WEB están xa publicadas as notas de corte finais do alumnado que accedeu  aos diferentes graos das universidades galegas no curso actual 2018/19, e  tamén os parámetros de ponderación para a fase voluntaria da ABAU.



    Como recordatorio aquí tedes o enlace ao documento da CiUG onde se explica o Sistema de Cualificación da ABAU e como se obtén a Nota de Admisión.


domingo, 4 de noviembre de 2018

CUESTIONARIOS ÚTILES - Conócete un poco mejor

   
    Dentro do Programa "Orienta on line", ao que estamos subscritos no Departamento de Orientación do IES do Castro, se recomendan e ofrecen unha serie de cuestionarios útiles, que podedes realizar on line, para axudaros a coñecer mellor as vosas aptitudes e intereses e estar en mellores condicións na hora de elixir o voso futuro académico e profesional. Evidentemente os resultados destes cuestionarios son meramente orientativos e teñen como función explorar os vosos intereses profesionais e a vosa situación a nivel vocacional. Por suposto, unha toma de decisión académica e vocacional desta transcendencia, como pode ser elixir un grao universitario ou un ciclo de formación profesional superior, precisa dunha reflexión persoal máis profunda polas implicacións que supón de cara ao voso futuro. Por tanto, estes cuestionarios non son máis que unha ferramenta que pode servir para axudaros dentro do proceso máis amplo que significa tomar unha decisión vocacional e na que están implicados tamén outros factores.


Cuestionarios útiles
 Conócete un poco mejor
Aquí encontrarás un conjunto de vínculos a páginas web, que te permitirán valorar tus capacidades y aptitudes, permitiendo con ello conocerte mejor y estar en mejores condiciones a la hora de elegir tu futuro académico-profesional. Ten en cuenta que los resultados son orientativos… ¡Ánimo! y disfruta con las pruebas.
Te aconseja qué tipo de estudios se relacionan más con tus preferencias.
Test de personalidad con carácter orientativo nunca con carácter diagnóstico.
Test que mide tus intereses profesionales.
Test variados desde psicotécnicos pasando por test de personalidad, ansiedad etc.
Web de orientación con múltiples cuestionarios de todos tipos y enlaces de interés. Muy interesante si dudas sobre tus aptitudes y cualidades

    A continuación tedes o enlace por si queredes entre entrar desde este blog e consultar o programa orienta-line. Dentro do programa encontraredes tamén varios cuestionarios sobre preferencias e profesións, tanto para os que están estudando a ESO como o Bacharelato.

viernes, 12 de octubre de 2018

PROGRAMA ORIENTA 2018/19


    Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA actualizado para o curso 2018/19 con información útil e posta ao día para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Podedes acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional tanto para alumnado de ESO como de bacharelato que vos pode axudar na elección dun bacharelato ou un ciclo de grao medio de FP se estás na cursando a ESO, ou de estudos superiores (graos universitarios, ciclos superiores de FP, etc.) se cursas bacharelato.  

    Tamén podedes consultar a oferta para este curso 2018/19 de ciclos formativos medios e superiores de formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..
    
  Na columna esquerda de enlaces deste blog tes o enlace permanente do orienta online: 

  
                                                                     
   Se queres baixarte o programa completo no teu ordenador, tableta ou móvil podes facelo no seguinte enlace:     BÁIXATE O ORIENTA 2018/19
  A continuación tes indicado cunha frecha como podes descargarte o programa no meu antigo blog de orientación premendo en "bajar el orienta". 

lunes, 27 de agosto de 2018

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS : RECOPILACIÓN E ACTUALIZACIÓN

      Neste enlace dentro do blog encontraredes unha reocopilación actualizada das becas e axudas xerais para estudos en todos os niveis educativos.

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2018/19


    O Ministerio de Educación e Ciencia publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2018/19.
     O prazo de solicitude é do 15 de agosto ao 27 de setembro de 2018.

   No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio. 

Becas y ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo
Curso 2018/2019
Acceso al servicio online

martes, 26 de junio de 2018

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2018-19

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP e a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2018/19.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2018/19

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2018 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 3 ao 11 de setembro de 2018 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2018/19

.- Información xeral de admisión FP 2018/19 (WEB Consellería de Educación)

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio e Ciclos de Grao Superior

.- Normativa de admisión - Regulación

OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2018/19

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2018/19


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2018/19

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.

lunes, 7 de mayo de 2018

ABAU - PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA XUÑO 2018 / CALENDARIO ABAU

    
    O 4 de maio de 2018 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2018).

DATAS DA PROBA XUÑO  
Convocatoria de xuño: días 12, 13 e 14  
Convocatoria de setembro: días  12, 13 e 14
   
A continuación tedes o enlace co documento completo con toda a información e o cartel calendario da ABAU publicado pola CiUG:

CARTEL CALENDARIO DA ABAU (CiUG)




    O próximo 23 de maio, ás 12 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a ABAU 2018.

jueves, 12 de abril de 2018

INSTRUCIÓNS DA CiUG PARA A REALIZACIÓN DA ABAU 2018 E PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ACTUALIZADOS

    A CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) acaba de publicar unha circular na súa páxina WEB, con data do 9 de abril de 2018, con instrucións sobre a ABAU (probas de avaliación de bacharelato para o acceso á univiersidade) coa finalidade de que se produzan o menor número de incidencias durante a súa realización. 

    No seguinte enlace están ás instrucións para consultalas e descargalas.


    Tamén tedes a continuación o enlace, tamén na WEB da CiUG, coa nova tabla de paramétros de ponderación para a parte voluntaria da ABAU neste ano 2018 en Galicia.  Nela aparecen as ponderacións das novas titulacións que se van implantar nas diferentes universidades galegas para o curso 2018/19.  


   Nesta táboa provisional, pendente de publicación no Diario Oficial de Galicia, aparecen os parámetros de ponderación dos novos graos que comezarán a impartirse no próximo curso 2018/19 nas universidades galegas: Enxeñaría biomédica en Vigo, Criminoloxía e Biotecnoloxía en Santiago, Grao en Paixase compartido entre Lugo e Coruña e Xestión industrial da moda en Ferrol. 

   Ademais, como novidade, e conforme ao establecido no artigo 3 da "Orden ECD/42/2018 do 25 de xaneiro (BOE do 26/1/2018)", en Galicia a Segunda lingua estranxeira terá unha ponderación de 0,2 en todos os graos das ramas de Artes e humanidades, en Ciencias sociais e xurídicas.

martes, 3 de abril de 2018

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2018-19

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra


     Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) - ou na Universidade da Coruña (INEF) - ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

    Na WEB da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte xa están publicadas as datas de solicitude e do día da proba:



PROBAS MAIO-XUÑO 2018
          - Presentación de solicitudes do 11 de marzo ao 10 de abril de 2019.
          - Realización das probas físicas:
                                       .- 1ª data: 22 de maio de 2019        
                                       .- 2ª data: 20 de xuño de 2019

PROBAS XULLO 2019
        Convocarase no caso de que queden prazas vacantes en xuño          
        - Presentación de solicitudes do 3 ao 5 de xullo de 2019
        - Realización das probas físicas: 23 de xullo de 2019
                         
  A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2019/20. Tamén se conservará para a convocatoria seguinte 2020/21.    
                               
   Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala ou descargala: convocatoria, regulamento das probas, modelos de solicitude e procedemento de pago.

ENLACE WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTE

.- Convocatoria Probas de Aptitude para o acceso ao Grao en Actividade Física e do Deporte - 2019/20


.- Reglamento Pruebas Aptitud Física 


.- Guía das probas físicas de aptitude


              Presentación de solicitudes
              .- Procedimiento de inscripción  

                .- Inscripción


NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador. 

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2018-19


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes: 

* Oportunidade do 21 de abril de 2018: prazo de inscripción nas probas do 02.03.2018 ás 14:00 h ao 28.03.2018 (ambos inclusive)  

* Oportunidade do 20 de xuño de 2018: prazo de inscripción nas probas do 08.05.2018 ás 14:00 h ao 02.06.2018 (ambos inclusive). A esta oportunidade poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na oportunidade de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta. 

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2018/19. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2019/20 e 2020/21.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

viernes, 9 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP 2018

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2018
  
 Na WEB da Consellería de Educación está o enlace da Orde do 22 de xaneiro de 2018 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior para o curso 2018/19, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2018.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2018


______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 8 ao 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 19 de abril de 2018 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


  As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
   ______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 12 ao 23 de marzo de 2008, ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 31 de maio de 2018 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).

    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Requisitos de inscrición: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba
________________________________________________________


____________________________________________________________

Para obter MÁIS INFORMACIÓN sobre as probas preme sobre:   

 

domingo, 21 de enero de 2018

CALENDARIO XERAL DA ABAU 2018 (Proba Avaliación Bacharelato para o acceso á Universidade)

              
 


   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - publicou na súa WEB o CALENDARIO XERAL da ABAU (Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) 2018 e dos procesos de solicitude e admisión (preinscripción)  e matrícula nas universidades galegas no curso 2018/19. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

    As datas de realización da PAU (fase obrigatoria e voluntaria) serán:


.- Na convocatoria de xuño:              12, 13 e 14 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     12, 13 e 14 de setembro
    A continuación tedes algúns enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) con información relevante sobre a ABAU: 

          .- ESTRUTURA DA PROBA
          .- SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
          .- PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU 2018 da fase voluntaria da ABAU.
          .- NOTAS DE CORTE GALICIA 2017/18

    Estas son as notas de corte dos alumnos e alumnas que accederon á universidade en Galicia o ano pasado e están cursando primeiro curso dun grao universitario. Poden servirnos de referencia para este curso.

=======================================
NOTA: O acceso a toda esta información esta recollida e organizada coas actualizacións pertinentes na pestana - SELECTIVIDADE - na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG: