miércoles, 11 de enero de 2017

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP 2017

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017
  
 Na WEB da Consellería de Educación está o enlace da Orde do 22 de decembro de 2016 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior para o curso 2017/18, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2017.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2017


______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 20 de abril de 2017 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 


  As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
   ______________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 13 ao 23 de marzo, ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 31 de maio de 2017 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).

    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 
________________________________________________________


____________________________________________________________

Para obter MÁIS INFORMACIÓN sobre as probas preme sobre:   


CALENDARIO COMPLETO DAS PROBAS 


PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE AS PROBAS ACCESO CICLOS GRAO MEDIO


PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE AS PROBAS ACCESO CICLOS GRAO SUPERIOR


INFORMACIÓN XERAL PROBAS ACCESO GRAO MEDIO


INFORMACIÓN XERAL PROBAS ACCESO GRAO SUPERIOR