jueves, 11 de febrero de 2016

PROGRAMA BECAS VIGO EN INGLÉS 3º ESO e 2º BACH - CONVOCATORIA 2016


    O Concello de Vigo acaba de convocar a oferta de becas de inglés no estranxeiro para estudantes de 3º de ESO e 2º de bacharelato de Vigo, un programa municipal de inmersión en lingua inglesa denominado: VIGO EN INGLÉS.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
    O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n 36202 Vigo) será do 15 febreiro ao 26 de febreiro de 2016, ambos inclusive.

CONVOCATORIA 3º ESO
    
    A convocatoria oferta para 3º ESO ata 410 prazas neste programa de inmersión lingüísitca en inglés, un 65% para centros públicos e un 35% para centros privados concertados.   

REQUISITOS PARA ALUMNADO DE 3º ESO

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
    Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Para máis información nos seguintes enlaces: 

                             CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2016
BASES DA CONVOCATORIA 3º ESO (descargar documento) 
CONVOCATORIA 2º BACHARELATO

A convocatoria oferta para 2º BACHARELATO ata 150 prazas neste programa de inmersión lingüísitca en inglés, un 65% para centros públicos (100 prazas) e un 35% para centros privados (50 prazas).
REQUISITOS PARA ALUMNADO DE 2º BACHARELATO 

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 2º de Bacharelato nun centro educativo do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 1º de Bacharelato.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 6 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 1º de Bacharelato.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
    Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Para máis información seguintes enlaces: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario