viernes, 8 de enero de 2016

SELECTIVIDADE GALICIA 2016 - CALENDARIO XERAL


   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - xa enviou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2016 e do acceso (admisión e matrícula) ao curso 2016/17 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2016 E ACCESO CURSO 2016/17

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              8-9-10 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     14-15-16 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2015/16 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2015

NOTAS DE CORTE 2015/16
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU



NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE - na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.