viernes, 4 de diciembre de 2015

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (Vigo) 2015/16


    O martes 15 de decembro de 2015, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 10ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR

    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2015 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2015/16