martes, 28 de abril de 2015

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2015/16

    A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2015/16.
    O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior.  A continuación están recollidas as instruccións para a incripción e realización das probas para o acceso a estes estudos no curso 2015/16.
 
    Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.

 

Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 28 de abril ao 16 de xuño de 2015 na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo. 

As probas específicas comezarán o día 22 de xuño conforme ao calendario que se estableza na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 27 de maio ao 9 de xuño de 2015 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra

As probas específicas comezarán o día 23 de xuño conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 28 de abril ao 28 de maio de 2015 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño de 2015 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.



    O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que cumpra 19 anos en 2015, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
   
    Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 28 de abril ao 28 de maio de 2015 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.

    A proba de acceso realizarase o día 5 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

* Resolución DOG coas instruccións para a inscrición e realización da proba 

No hay comentarios:

Publicar un comentario