martes, 28 de abril de 2015

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2015/16

    A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2015/16.
    O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior.  A continuación están recollidas as instruccións para a incripción e realización das probas para o acceso a estes estudos no curso 2015/16.
 
    Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.

 

Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 28 de abril ao 16 de xuño de 2015 na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo. 

As probas específicas comezarán o día 22 de xuño conforme ao calendario que se estableza na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 27 de maio ao 9 de xuño de 2015 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra

As probas específicas comezarán o día 23 de xuño conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.


Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 28 de abril ao 28 de maio de 2015 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño de 2015 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.



    O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que cumpra 19 anos en 2015, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
   
    Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 28 de abril ao 28 de maio de 2015 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.

    A proba de acceso realizarase o día 5 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

* Resolución DOG coas instruccións para a inscrición e realización da proba 

lunes, 20 de abril de 2015

CONVOCATORIA AXUDAS MUNICIPAIS EN VIGO PARA LIBROS E COMEDOR NO CURSO 2015/16



Convocatoria para la concesión de ayudas municipales libros y comedor para alumnos/las de Centros docentes públicos y privados concertados de infantil (2ª etapa), primaria y secundaria cursos 2015-2016

Plazo de presentación de solicitudes:
Inicio: 17/04/2015
Fin: 11/05/2015

Convocatoria

  • Plazo solicitudes: 17/04/2015 - 11/05/2015

Documentación

jueves, 16 de abril de 2015

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2015-16

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra

     Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) - ou na Universidade da Coruña (INEF) - ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

Na WEB da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte xa están publicadas as datas de solicitude e do día da proba:


                     - Presentación de solicitudes ata o 15 de maio.
                     - Realización das probas físicas o 17 de xuño.

   Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala ou descargala: convocatoria, regulamento das probas, modelos de solicitude e procedemento de pago.


.- Convocatoria Probas de Aptitude para o acceso ao Grao en Actividade Física e do Deporte - 2015/16

.- Reglamento Pruebas Aptitud Física en Castelán

.- Regulamento Probas Aptitude Fisica en Galego


.- MODELO_DE_SOLICITUD_EN_CASTELLANO


.- MODELO_DE_SOLICITUDE_EN_GALEGO


.- Procedemento_pago


    Nunha entrada anterior deste mesmo blog do día 10/3/2015 tamén tedes información sobre a convocatoria para realizar as probas de aptitude física para o Grao de Actividades Físicas e do Deporte do INEF da Coruña: PROBAS INEF CORUÑA 2015 

NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador. 

martes, 7 de abril de 2015

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2015 PARA 1º/2º ESO - BECAS



    O martes 31 de marzo de 2015 publicouse no B.O.E. (Boletín Oficial del Estado) unha resolución do 17 de marzo da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se convocan axudas para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en inglés en colonias de vacacións para o verán de 2015.
    

REQUISITOS XERAIS DOS SOLICITANTES:

    Poderán participar os alumnos/as de primeiro e segundo de ESO que reúnan as siguientes condicións:
PARA ALUMNADO DE 1º ESO

.- Deberán estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/15
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" na nota media do curso 2013/14 (sexto primaria).
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota final na materia de inglés no curso 2013/14  (sexto primaria).
.- Non ter disfrutado destas axudas en cursos anteriores.


PARA ALUMNADO DE 2º ESO

.- Deberán estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/15
.- Ter obtido, como mínimo, "notable, 7" na nota media do curso 2013/14.
.- Ter obtido, como mínimo, "notable, 7" como nota final na materia de inglés no curso 2013/14.
.- Non ter disfrutado destas axudas en cursos anteriores.
    O programa se desenvolverá dúas quincenas:
- O primeiro turno do 28 de xuño ao 12 de xullo para o alumnado de 1º ESO.
- O segundo turno do 12 de xullo ao 26 de xullo para o alumnado de 2º ESO. 
    O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do 1 de abril (día seguinte da publicación da resolución).

     Nos seguintes enlaces se pode obter máis información sobre a dotación e carácter das axudas e outros aspectos da convocatoria. Tamén están os enlaces a páxina do ministerio para formalizar as solicitudes e seguir a súa tramitación. 
.- MÁIS INFORMACIÓN E ACCESO Á SOLICITUDE ON LINE

PRIMEIRO ESO

SEGUNDO ESO